O noso IES ao longo deste curso 18/19 participa no proxecto Miniempresas Lanzadeiras Coruña co alumnado de 2º curso do Ciclo Básico en Informática de Oficina.
O proxecto ten a finalidade de que os alumnos coñezan de primeira man como é o proceso de creación dunha empresa, ademais da creación do produto final, a promoción do mesmo e ser conscientes de tódolos obstáculos que existen no desenvolvemento dun produto no mercado.
A miniempresa creada, PiSolucións, xurdiu coa idea de proporcionar diversos produtos que poidan dar solución a problemas que existen na Costa da Morte e, en xeral, no rural.
Unha vez pensada a estratexia pasouse a desenvolver cada un dos produtos que forman parte da nosa oferta inicial de solucións:
Pi PC: ordenador de baixo custo baseado no mini ordenador Raspberry Pi con todo o software necesario para a xestión dunha PEME do sector servizos.
Pi NAS: servizo de ficheiros en rede cun deseño realizado en madeira para que a súa mellor integración no negocio.
Pi Cámara: orientado a vixiar explotacións gandeiras e zonas de difícil accceso e ten como característica principal a súa autonomía enerxética e funcional grazas a integración dunha placa solar.
O vindeiro mércores 12 de xuño estaremos na Fase Final de co noso stand no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) presentando os nosos produtos, e así poder optar a un dos premios do proxecto Lanzadeiras Coruña.