FacebookSíguenos en YouTube

Enquisa de hábitos de vida saudable curso 2019-2020

No presente curso 2019-2020 continuamos fomentando os hábitos de vida saudable no Instituto a través do proxecto Ao Son da Saúde iniciado o curso anterior. Para coñecer mellor os hábitos de vida de toda a comunidade educativa realizamos de novo unha enquisa, que nos permitirá tomar as medidas máis axeitadas a nosa realidade. A enquisa é anónima pero deberás entrar na que corresponda (se eres parte do alumnado, das familias ou do persoal do Centro).

No seguinte enlace poderás acceder a enquisa: https://aosondasaude.wordpress.com/2020/01/19/enquisa-de-habitos-de-vida-saudable-do-curso-2019-2020/

Anímate a participar para axudar a facer do Instituto un lugar máis saudable!