O 17 de xaneiro as clasificadas e clasificados na fase de Cee participaron na carreira de campo a través intercomarcal de Noia. O nivel deportivo nesta ocasión foi máis elevado, coa participación de varios clubs federados. No apartado individual, Claudia en categoría infantil e María Calvo en categoría cadete clasificáronse para a fase final provincial escolar de Carballo. Pero o máis importante foi a experiencia obtida e que todas e todos mostraron interese por repetir o vindeiro curso.