Novas

Noticieiro do centro

XXV Aniversario Premio García Barros

O sábado 16 de novembro tivo lugar en Santiago, na Cidade da Cultura, a conmemoración do XXV Aniversario da creación do Premio Literario "Manuel García Barros".

Un grupo de alumnos do noso centro pertencentes á materia de Literatura Galega do Século XX, acompañados polo profesor Carlos Loureiro, estiveron no acto.

Prema aquí para ver a galería de fotos do evento.

Prema aquí para ver o vídeo gravado coa colaboración dos alumnos do MGB.

Diego Oliveira, ex-alumno do MGB, físico en Cambridge

O pasado 3 de novembro o Faro de Vigo fíxolle unha entrevista a Diego Oliveira, ex alumno deste centro e estudiante da Universidade de Cambridge.

Para acceder ao artigo preme aquí.

XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS.

O vindeiro sábado, 16 de novembro, o alumnado do MGB de 2º bacharelato correspondente á materia de Literatura Galega do século XX e da actualidade viaxará invitado pola organización do acto á Cidade da Cultura por mor dunha actividade de xuntanza dos/das gañadores/as do Premio de Novela García Barros ao longo dos seus vintecinco anos de existencia.

 

250px-Manuel_García_Barros.jpg

MAGOSTO 2013.

O vindeiro venres, 15 de novembro, terá lugar a celebración, un ano máis, do “Magosto”. Contaremos con música e baile tradicional, concurso gastronómico ó redor da castaña, xogos populares e, como non!, degustación de castañas asadas. A actividade terá lugar entre as 11:35 e as 14:10 horas. Agardamos que nos acompañe a climatoloxía e que haxa unha alta participación.

O cartaz do magosto foi elaborado polos alumnos/as de 1º de Bacharelato, Vanessa Ríos Cores e Martín Vede Pájaro.

cartel_magosto 02.png

Deportista de alto nivel no MGB

O alumno Daniel Suárez Dapena foi recoñecido como Deportista de Alto Nivel de Salvamento e Socorrismo, pola secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, recoñecemento publicado no DOG do venres 18 de outubro.

Este logro foi publicado en diversos xornais, coma o Faro de Vigo, El Correo Gallego ou Diario de Pontevedra.

Felicidades!!

Selección Galega de Fútbol infantil-cadete

A alumna de 2º ESO A, Adela Díaz Vázquez, foi convocada para os adestramentos da delegación de Santiago da Selección Galega de Fútbol Feminino. Tamén foi convocado o alumno do mesmo curso Andrés Cerviño Carracedo para os adestramentos da Selección Galega de Fútbol Masculino. Parabéns!

SAÍDA CULTURAL PROXECTO RÍOS.

O vindeiro mércores, día 23 de outubro, terá lugar a 1ª saída enmarcada dentro do Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO B acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns ( A Estrada), onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro. A actividade desenvolverase en horario matinal, de 10:25 a 13:35 horas.

No caso de mal tempo a saída tería lugar o vindeiro mércores, 30 de outubro.





prox. rios.jpeg

SAÍDA CULTURAL AOS CANÓNS DO SIL.

Dentro da programación de actividades extraescolares para o curso 2013-2014 aprobadas no consello Escolar, alumnos/as do IES desprazaranse á Ribeira Sacra e ós Canóns do Sil onde realizarán un percorrido en “catamarán” e visitarán os Embalses, o mosteiro de San Estevo e o de San Pedro de Rocas. A actividade vai destinada ao alumnado de 2º Bacharelato (Xeoloxía, Xeografía e Arte), e terá lugar o vindeiro luns, 14 de outubro en horario de 08:45 a 20:00 horas. A organización da visita corresponde aos departamentos de “Bioloxía e Xeoloxía” e “Xeografía e Historia”. O alumnado estará acompañado polas profesoras: Beatriz Mera, Esther Sánchez e Magaly Barreiro.

canon do sil 2.jpeg

BALONCESTO NO MGB

Mañá martes, 8 de outubro, o equipo de baloncesto EDM Estradense realizará unha exhibición deste deporte dirixida ao alumnado da ESO do noso instituto. A mesma terá lugar no pavillón Coto Ferreiro de A Estrada en horario de 16:30 a 17:20.

baloncesto.jpeg

Avaliación de Diagnóstico curso 2012-2013

Xa están publicados os resultados das probas de avaliación de diagnóstico correspondentes ao curso 2012-2013. Pódese consultar a puntuación obtida por este centro premendo aquí.

Vídeo da charla sobre o CERN do curso pasado

Logo do inestimable traballo do profesor Xoán Xosé Pérez, do Departamento de Educación Plástica, púidose re-editar e recuperar o interesante vídeo da charla sobre física da partículas impartida por un científico do CERN o pasado curso e por fin poñelo a disposición de todos na canle de vídeos do MGB (categoría Curso 2012-13).

De novo, parabéns e o noso agradecemento ao profesor Xoán Xosé.

Claustro

O vindeiro luns 16 de setembro terá lugar unha reunión do Claustro de Profesores do centro.

Selectividade: Brillante actuación

Os resultados do centro nas PAU foron moi satisfactorios: aprobou o 100% do alumnado presentado (53 alumn@s). A media de aprobados por centro en Galicia é de 87,69%. Parabens a toda a Comunidade Educativa.

Destrozada unha escultura na noite de San Xoán

A noite de San Xoan a escultura que representaba un lápis elaborado por alumn@s de 3º da ESO B foi roubada e destruída por descoñecid@s. Sentimos que a violencia e a destrucción cheguen ata o noso recinto escolar.

LAPIS.JPG

FIN DE CURSO 2013

O vindeiro xoves, 20 de xuño, terá lugar o remate do presente curso. Están previstas distintas actividades que se desenvolverán ó longo da mañá:

  • Nas primeiras horas:
    • Charla sobre o continente da Antártida para alumnos/as de 1º ESO que ofrecerá a profesora Magaly Barreiro na Sala de Usos Múltiples.
    • Competición de coches eléctricos teledirixidos construídos polo alumnado de 3º ESO na asignatura de Tecnoloxía. Terá lugar no patio cuberto a carón do ximnasio.
  • Nas dúas seguintes sesións, no patio de recreo e dentro do Programa Xogade, Deporte no Centro, disputaranse as finais do campionato de fútbol-sala e baloncesto.
  • Como remate, nas últimas sesións, o Festival Fin de Curso que inclúe unha proxección de curtas, a obra de teatro “Sen combustible” e distintas actuacións musicais.

Lembrade que os boletíns de notas entregaranse o martes 25, ás 10:30, nas respectivas aulas.

Distribuir contido