E.N.D.L.

Equipo de normalización e dinamización lingüística

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca un concurso de poesía e fotografía arredor da figura de Rosalía de Castro.
Prazo de presentación do 24 de febreiro ao 8 de marzo.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!! A IMAXE GAÑADORA TERÁ PREMIO!!!!

Ordes do MECO

O Meco manda unha serie de ordes para os tres últimos días desta semana antes do Entroido. 
Anímate a participar e entre todas e todos facer un pouco máis levadeira esta situación sanitaria que estamos a vivir.
Ollo: Non podedes levar nada que tape ou distorsione a cara, a cabeza ou vaia contra as normas do protocolo COVID.

VIII Concurso de microrrelatos e micropoemas. Dinamizaestrada 2020-2021

Un ano máis, e outro ano especial máis, non decaemos. Está en marcha a oitava edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada.

Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.

Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!

Ligazón á web de DINAMIZAESTRADA.

Dedica a túa canción

Imos tentar facer os recreos algo máis amenos con música en galego unida ás vosas dedicatorias!!!!

Ao longo de dúas semanas poderás enviar unha ou varias cancións (en galego) xunto con cadansúa dedicatoria (tamén en galego) para alguén importante para ti ao enderezo: dinamizacion@iesgarciabarros.org, que aparece no cartel!

Estas cancións vanse poder escoitar ao longo de varios recreos pola megafonía do centro. ANÍMATE!!!!!

OLLO! Non se van emitir ningunha mensaxe ofensiva ou discriminatoria e tampouco aquelas que non se adapten ás características lingüísticas do proxecto.

DEDICA A TÚA CANCIÓN.png

Conmemoración do Día de Rosalía

O pasado luns o IES Antón Losada Diéguez, o IES nº 1 e o IES Manuel García Barros celebraron o Día de Rosalía. Este ano o acto tivo lugar no noso centro, onde alumnado do tres centros interpretaron varios temas e recitaron poesías, coordinados polos Equipos de Dinamización e coa colaboración dos Departamentos de Lingua Galega e Música.

Novas na prensa:

Abrindo todas as fiestras!

O EDL do centro en colaboración co alumnado de 1ºBach B realizou un pequeno vídeo para celebrar o día de Rosalía de Castro.

Como podedes ver, no IES Manuel García Barros seguimos, pouco a pouco, abrindo todas as fiestras! #AbrideAFiestra

"Ítaca" (Kavafis)

O alumnado de 1ºBach A do IES Manuel García Barros anímanos a gozar do noso camiño a través do poema "Ítaca" (Kavafis):

Gañadores do concurso Coida a túa lingua (2ª temporada). A televisión.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro acaba de facer públicos os nomes dos gañadores do concurso:

Categoría A (1º, 2º e 3º da ESO): Jonathan Ameijeiras López.

Categoría B (4º da ESO e Bacharelato): Marcos Suárez Vázquez.

Categoría C (Profesorado e persoal non docente): Chelo Vázquez Rozas.

Parabéns para eles a grazas a todos/as os/as que perticiparon.

gañadoresph.jpg

IV edición da Festa das Palabras

O martes 6 de xuño, no Teatro Principal da Estrada, terá lugar a IV edición da Festa das Palabras. Durante o acto, entregaranse os premios do IV Concurso de microrrelatos e micropoemas dos centros de ensino do concello da Estrada.  Os/as alumnos/as do noso centro que foron premiados/as nesta edición foron Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO), Julia García Madriñán (1º ESO), Uxía Salgueiro Pereiras (4º ESO), Andrea González Pereira (4º ESO) e Nicolás Luna Puente (1º Bach).

festa_palabras2017.jpg

Concurso "Coida a túa lingua" (2ª temporada). A televisión.

O Equipo de Normalización acaba de convocar o concurso, destinado este curso a recoñecer e corrixir erros lingüísticos cometidos nalgúns dos programas máis populares da nosa televisión pública. Podes acceder ás bases e á ficha de participación desde esta ligazón.

Castrapo.3.PNG

Fallados os premios da IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

No certame, convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada, resultaron premiados/as os/as seguintes alumnos/as do noso centro: JULIA GARCÍA MADRIÑÁN (1º ESO A),  ANDREA GONZÁLEZ PEREIRA (4º ESO B) e NICOLÁS LUNA PUENTE (1º BACH A) na sección de microrrelatos e AINHOA PEREIRAS MOSQUERA (1º ESO C), UXÍA SALGUEIRO PEREIRAS (4º ESO A) e NICOLÁS LUNA PUENTE (1º BACH A) na sección de micropoemas.

Os traballos gañadores, que serán publicados proximamente nun libro colectivo, xa se encontran no web de normalización do centro. Podedes acceder a eles picando nesta ligazón: blogue de creación literaria.

Gañadores do concurso de microrrelatos e micropoemas

IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

Convocado polos equipos de normalización dos centros de ensino da Estrada, está dirixido a todo o alumnado de primaria e secundaria. Os traballos premiados, que deberán incluír as palabras VERÁN (na sección de microrrelatos) e VENTO (na seción de micropoemas) en homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Dïa das Letras Galegas, serán publicados nun libro. Podes ler as bases no taboleiro de normalización ou nesta ligazón do web Manoliño García.

El-efecto-del-viento.jpg

Coida a túa lingua

O Equipo de Normalización acaba de convocar o concurso "Coida a túa lingua", dirixido a toda a comunidade educativa. As bases están no web de Normalización. Podes acceder a elas desde esta ligazón.

lengua-de-fresa-300x240.jpg

XXV Aniversario Premio García Barros

O sábado 16 de novembro tivo lugar en Santiago, na Cidade da Cultura, a conmemoración do XXV Aniversario da creación do Premio Literario "Manuel García Barros".

Un grupo de alumnos do noso centro pertencentes á materia de Literatura Galega do Século XX, acompañados polo profesor Carlos Loureiro, estiveron no acto.

Prema aquí para ver a galería de fotos do evento.

Prema aquí para ver o vídeo gravado coa colaboración dos alumnos do MGB.

Proxección de CURTAS

 O próximo martes día 29, en horario de tarde, o alumnado de 4ª ESO asistirá a unha proxección de curtas realizadas polo IES Antón Losada Diéguez. O noso centro proxectará DAIRAS, na mesma data e mesmo horario, nos dous centros educativos da zona. Actividade organizada polos Departamentos de Normalizción Lingüística dos tres centros educativos. 

Distribuir contido