IV edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas
Enviado por admin o 31 Xaneiro, 2017 - 00:42
Convocado polos equipos de normalización dos centros de ensino da Estrada, está dirixido a todo o alumnado de primaria e secundaria. Os traballos premiados, que deberán incluír as palabras VERÁN (na sección de microrrelatos) e VENTO (na seción de micropoemas) en homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Dïa das Letras Galegas, serán publicados nun libro. Podes ler as bases no taboleiro de normalización ou nesta ligazón do web Manoliño García.