E.N.D.L.
Visita Casa do Patrón
Enviado por Vicedirec. o 31 Xaneiro, 2011 - 16:53O vindeiro venres, 4 de febreiro, o alumnado da materia de Artesanía e membros do Equipo de Normalización Lingüística visitarán a Casa do Patrón (Doade-Lalín) un museo etnográfico (máis de 3000 pezas compoñen a colección que representa profesións tradicionais da nosa terra). Realizarán ademais unha ruta de sendeirismo pola zona.
Proxección do filme documental "Afranio"
Enviado por Vicedirec. o 26 Novembro, 2009 - 00:05En conxunto coa exposición sobre a figura do senlleiro galeguista Antón Alonso Ríos, proxectarase para o alumnado de 2º de Bacharelato o vindeiro venres 27 de novembro, a 3ª e 4ª hora, o documental "Afranio", baseado na autobiografía do mesmo autor e protagonizado por Luis Tosar. Tedes unha reseña do devandito documental pinchando aquí.
Relación dos premios do ENDL
Enviado por Vicedirec. o 18 Xuño, 2009 - 10:58Premios marcadores sobre Ramón Piñeiro:
- Catarina Barcala Gosende 1º ESO B
- Ariadna Silva Fernández 1º ESO B
Premios literarios "Letras Galegas":
-Premios de Poesía:
- Claudia Murás Bugallo 1º ESO A
- Cristian Carbajales Neira 4º ESO B
-Premios Relato Curto:
- Patricia Calviño Rivadulla 1º ESO B
- Xoán Reyes Villar 2º Bach A
Conferencia "Ramón Piñeiro"
Enviado por Vicedirec. o 14 Maio, 2009 - 10:49Mañá venres 15 de maio, dentro das actividades do "Día das Letras Galegas", celebraráse unha conferencia sobre Ramón Piñeiro na aula de Usos Múltiples ás 10:45 horas para os grupos de 1º ESO A e C. Será impartida por Don Santiago Jaureuizar.
Correlingua
Enviado por Vicedirec. o 6 Maio, 2009 - 10:14O vindeiro 14 de maio os/as alumnos/as de 1º ESO participarán no Correlingua que se celebrará na Estrada. Sairán ás 9:35 horas e voltarán ao centro ás 14:25.
Videoconferencia entre os IES da Estrada
Enviado por Vicedirec. o 24 Marzo, 2009 - 11:54O vindeiro venres 27 de marzo con motivo do "Día da poesía" os/as alumnos/as de 2º ESO e 3º ESO A participarán na videoconferencia "Versos a Palestina" realizada entre os tres IES da Estrada, coa colaboración técnica do Centro Multimedia de Galicia, e na que se lerán diversas poesías conmemorativas. Será na Biblioteca do centro ás dúas últimas horas.
Curtas na Estrada
Enviado por Vicedirec. o 27 Febreiro, 2009 - 13:00O vindeiro martes 3 de marzo, pola tarde, na aula de Usos Múltiples proxectaránse unha serie de curtas para os/as alumnos/as de 3º e 4º ESO. Dita actividade está organizada polos ENDL dos tres institutos da Estrada.