Complementarias

Xornada de bádminton intercentros

O alumnado de 3º da ESO do noso centro participou nunha xornada de bádminton co alumnado dos centros da contorna. Na xornada que organizaba a Agrupación Deportiva Escolar da Estrada houbo 150 participantes que tiveron dun día lectivo diferente, onde o máis importante era a convivencia co alumnado doutros centros ao tempo que disfrutaban dunha practica deportiva divertida. Máis fotos na galería Flickr.

Nova do Faro de Vigo.

Día da EF na Rúa na Estrada

O alumnado de 2º da ESO do noso centro participou no día de onte nos actos conmemorativos do Día da EF na Rúa na Estrada. Actividade organizada pola Agrupación Deportiva Escolar da Estrada na que máis de 350 escolares de 9 centros educativos do noso concello se reuniron na vila para darlle visibilidade e reivindicar a importancia da materia de educación física.

Nesta ocasión a convocatoria do COLEF busca promover a importacia da edución física e concienciar sobre a necesidade de aboradar a súde mental na poboación infantil e adolescente.

Novas de hoxe en relación ao evento: Faro e La Voz.

Fotos na galería Flickr.


Xinkana matemático-literaria

Co gallo da celebración do día PI  o alumnado da ESO participou nunha xinkana matemático-literaria na que debían resolver varios enigmas e acertixos cuxas respostas aparecían agochadas nunha serie de libros relacionados coa matemática. Por suposto, os mellores detectives matemáticos tiveron a súa recompensa! Queres saber quenes foron os máis audaces? Mira na galería de fotos.
A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca.


Alumn@s do MGB na Masterclass COMPUTACIÓN CUÁNTICA

Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Pablo Brey Arca, Alejandro Cobas Correa e Fernando Sanmartín Sangiao participarán o venres 12 de abril na MASTERCLASS “COMPUTACIÓN CUÁNTICA” organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

 

Poderán desfrutar dunha actividade científica a nivel internacional, con charlas sobre o mundo da computación cuántica e unha sesión práctica na que terán a oportunidade de utilizar un ordenador cuántico.

 

Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte ligazón:

 

https://indico.cern.ch/event/1395459/overview

 

Charla para 1º Bacharelato

O xoves 21 de marzo, o alumnado da área de Bioloxía e Anatomía de 1º de bacharelato gozaron dunha charla formativa sobre os ósos que conforman o noso corpo, impartida polo profesor da UDC Isaac Fontes.

Máis fotos na nosa galería Flickr.

Fotos do día de Rosalía: Rosalízate!

Xa temos na nosa galería Flickr as fotos do pasado venres 23 de febreiro, Día de Rosalía.

Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Alejandro Cobas Correa, Fernando Sanmartín Sangiao, Pablo Brey Arca e Xulián Brey Couto  participarán o venres 1 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas Mans”), organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato

 

Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte ligazón do IGFAE.

Día de Rosalía. O día 23 de Febreiro: Rosalízate!

Este venres, durante os dous recreos, o EDLG organiza unha actividade dirixida a alumnado e profesorado para poñer en valor a figura de Rosalía de Castro. A actividade consiste en escoller entre tres diferentes deseños: Rosalía ecoloxista, Rosalía feminista e Rosalía galeguista e fabricar unha chapa coa que locer orgullosas. Realizarase na entrada ao centro.

Os deseños foron feitos por alumnado colaborador e a propia actividade tamén contará coa súa axuda!

Actividade "Día Internacional do Cancro Infantil"

O pasado xoves 15 de febreiro conmemoramos no centro o Día Internacional do Cancro Infantil. Alumnado de 1º e 4º ESO realizou diversas actividades (lazos dourados, tatuaxes, lectura de manifesto) co fin de mostrar a nosa empatía e solidariedade con aqueles menores que viven ou viviron a enfermidade.

Agradecemos á Asociación de Apoio a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e á Federación Española de Padres de Niños con Cáncer (FEPNC) a oportunidade de participar nesta iniciativa.

Entroido 2024

O pasado venres 9 de febreiro celebrouse o Entroido no MGB. As fotos xa se poden ver na nosa galería Flickr.

Viaxe a Grecia do 9 ao 15 de febreiro

   50 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Esther Sánchez, Beatriz Mera e María Varela, emprenderán unha interesantísima viaxe a Grecia este venres día 9, un territorio cheo de historia, reliquias arquitectónicas e de grandes pensadores para a cultura europea. Esperamos que a viaxe sexa moi enriquecedora e que a disfruten.

Charla de Economía do Programa “A Ponte” da USC

O xoves 25 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistiron á charla "A creación de empresas na universidade”, impartida polo profesor David Rodeiro Pazos, catedrático do Dpto. De Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de C.C. Económicas de Santiago. O alumnado recibíu formación nunha 1ª parte, sobre a creación de empresas e a 2ª parte, da xeración de ideas ao plan de empresa. A charla foi organizada polo Departamento de Economía.

ODISEA 2024 NO MGB: "A alimentación en Grecia e Roma"

Trala disputa de fase local do Concurso de Cultura Clásica Odisea 2024, que tivo como fío condutor o tema "A alimentación en Grecia e Roma", hoxe tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de premios aos 3 equipos gañadores da nosa "Odisea interna" do MGB:
1º premio: SCAMAPIER (2BAC)
RÚA REIGADA, CLAUDIA
SIERRA SILVA, IRIA
ABAL CASTRO, CARLA
---
2º premio: PUERI EX AQUIS CALIDIS (2BAC)
BAAMONDE SENÍN, BREIXO
CAMPOS VIEITEZ, UXÍO
---
3º premio: LAS PATROCLOS (3ESO)
RODRÍGUEZ GARCÍA, SAMANTHA
REY FREIRE, CLARA

Charla do programa "A ponte" da Universidade de Santiago de Compostela

O mércores 17 de xaneiro, os grupos de 2º de bacharelato de Artes e de Humanidades asistiron á charla "A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade", impartida polo profesor Gonzalo F. Fernández Suárez, decano da Facultade de Humanidades do campus de Lugo. O alumnado recibíu información sobre o grao universitario e sobre as variadas e interesantes saídas profesionais dun sector en auxe centrado no mundo da cultura e a súa xestión. A charla foi organizada polo Departamento de Lingua castelá en colaboración cos de Lingua galega e Educación Plástica e Visual.

PROGRAMA “EDUCAR EN XUSTIZA”

O alumnado de 1º de Bacharelato de Economía participou o día 10 de Xaneiro no programa “Educar en Xustiza” promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A actividade comeza cunha explicación por parte do Maxistrado de Sá do Penal, das funcións do persoal da Administración de Xustiza, fiscais, avogados, letrados, testemuños e peritos. A continuación, informaron sobre os niveis nos que se estrutura esta administración, dos tipos de sentenzas xudiciais, as fases de instrución e execución, as dilixencias e a tramitación dos expedientes. Rematamos a visita coa asistencia a audiencias orais e finalmente dirixímonos ás dependencias de Xulgado de Xustiza en Santiago visitando as celas e as sás de identificación e recoñecemento. A actividade estivo organizada polo Departamento de Economía e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Laura Veiga e Raquel Carballo.

Distribuir contido