Actividade "Día Internacional do Cancro Infantil"
Enviado por Vicedirec. o 16 Febreiro, 2024 - 22:10
O pasado xoves 15 de febreiro conmemoramos no centro o Día Internacional do Cancro Infantil. Alumnado de 1º e 4º ESO realizou diversas actividades (lazos dourados, tatuaxes, lectura de manifesto) co fin de mostrar a nosa empatía e solidariedade con aqueles menores que viven ou viviron a enfermidade.
Agradecemos á Asociación de Apoio a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e á Federación Española de Padres de Niños con Cáncer (FEPNC) a oportunidade de participar nesta iniciativa.