Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Secretaría, Horario, Servizos, ConvocatoriasProbas libres para a obtención de bacharelProbas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos ( Resolución do 25 de maio de 2012 DOG do 7 de xuño ) CONVOCATORIA 2012 Período inscripción: 20 - 28 de setembro. Data da proba : 25 de outubro. Información xeral no seguinte ligazón Centros para inscripción e proba: a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña. b) IES San Clemente, Santiago de Compostela. c) Centro EPA Albeiros, Lugo. d) Centro EPA de Ourense, Ourense. e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra. f ) Centro EPA Berbés, Vigo. Acreditación de competencias por experiencia laboral . Convocatoria 2012A Orde do 29 de decembro de 2011(DOG do 9 de xaneiro de 2012) convoca o proceso de acredita¬ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe¬sionais. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012. A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor¬mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012. INFORMACIÓN: www.edu.xunta.es/fp Convocatoria de probas libres para obtención do título de graduado en Educación SecundariaCon data de 11 de maio de 2011 saiu publicada no DOGA a Resolución do 22 de abril pola que se ditan as instrucións para a realización das probas para obtención do título de Graduado de Educación Secundaria. Os prazos de inscripción serán desde o día 16 ao 27 de maio para a convocatoria de xuño e o 1 e o 2 de setembro para a convocatoria do mesmo mes. Os días fixados para a realización das probas serán o 14 de xuño e 9 de maio respectivamente.No arquivo adxunto pdes consultar máis información » Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras Ano 2011A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos de 6º Primaria; 1º-2º-3º e 4º ESO; 1º e 2º Bacharelato e Ciclos Superiores que teñan no seu currículo un módulo profesional de lingua estranxeira.Na seguinte nota informartiva, na Orde do 8 de marzo de 2011 e no cartel informativo atoparedes toda a información. O prazo abrangue desde o 12 de marzo ata o 12 de abril e a Web da convocatoria é a seguinte: http://wwww.edu.xunta.es/axudasle Listado provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos SuperioresPublicada a listaxe provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos Superiores. Ábrese agora un período de reclamacións entre os días 10, 11, 14 e 15 deste mes de febreiro. O vindeiro 17 sairá publicada a listaxe definitiva. No enlace consultade a relación de inscritos no IES.Laxeiro. Probas libres para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO )Convócanse probas para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO ) para alumnos/as que cumpran 18 anos o día anterior ao día da proba. Para máis infromación consultar o arquivo adxunto. » Ligazón para petición de certificadosO IES Laxeiro pon á súa disposición unha ligazón para pedir certificados dende a páxina web. O proceso consiste no seguinte:
Para calquera dúbida, contacte con nós no teléfono 986 787051. |
Novos números
|