Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ANPAResolución provisional de admisión de alumnado curso 2014-2015 no IES.LaxeiroPublicada a resolución provisional de amitidos para o curso 2014-2015 no IES.Laxeiro. O periodo de reclamacións estará aberto ata o día 29 de abril de acordo coa lexislación actual. Nos arquivos adxuntos tendes toda a información de interese. Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia (NOFC)NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN E CONVIVENCIA (NOFC) do centro (PDF adxunto), revisión 2021 NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN do centro (PDF adxunto), actualizado coa segunda revisión 2016
» A Rede de educación para o consumo responsable premia de novo ao IES.LaxeiroO IES. Laxeiro é un dos doce centros premiados pola Rede de educación para o consumo responsable . Convértese deste xeito nun centro de referencia xa que cada ano o instituto ven colleitando éxitos neste apartado. O proxecto presentado polo IES.Laxeiro leva por título " Consumo, xénero e igualdade" e obtivo un premio de 2.700€ para o desenvolvemento desa actividade. Noraboa ao equipo responsable pola xeira de premios colleitados. No arquivo adxunto pódese ver a relación de centros premiados pola Resolución do 20 de setembro publicada no DOG do 20 de decembro
» Composición do Consello Escolar do IES.Laxeiro tras a renovación 2010Rematado o proceso electoral , o Consello Escolar do IES.Laxeiro quedou configurado ,nos tres sectores afectados, pola renovación: profesorado, pais/nais e alumnado. O día 29 a Xunta Electoral proclamou os novos membros do Órgano Colexiado, polo que tan só resta a constitución do novo Consello que terá lugar na primeira quincena de decembro. No arquivo adxunto pódese observar a súa nova composición » Renovación parcial do Consello Escolar do IES.LaxeiroO día 4 de novembro comeza o calendario elaborado pola Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES.Laxeiro. Desde o día 5 ata o 18 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas nos sectores do PROFESORADO, PAIS/NAIS e ALUMNADO. A tal efecto os interesados/as poderán recoller os impresos de presentación de candidaturas na secretaría do Centro. Entre os días 23 e 25 terán lugar as votacións, para rematar o proceso o día 30 de novembro. Do calendario, datas e demais comunicados, terán oportuna información nesta páxina web. Desde aquí tan só animar a que participen, presenten candidatura e acudan a votar nos días sinalados a tal efecto. ¡ ANIMO! ¡PRESENTEN CANDIDATURA! ¡VOTEN!
O FUTURO DO LAXEIRO É DE TODOS/AS .
Convocatoria de exames para a obtención de carnés profesionais e certificados de cualificación individualA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa vén de convocar exames para a obtención dos seguintes canés profesionais:
Requisitos:
Solicitudes:
Prazos e lugares: Dende o día 13 de xullo ao 23 do mesmo mes As solicitudes presentaranse nos lugares habituais, sinalados na propia convocatoria Datas de exames: A realización non será antes do mes de outubro Para maior información consultar a páxina web sinalada anteriormente, ou ben nos arquivos que se adxuntan
» SIXA, un Sistema Informático de Xestión Académica no IES.LaxeiroA partires de setembro, no inicio do curso 2010-2011, o IES.Laxeiro porá en marcha un novo plan de xestión académica. SIXA, un programa informático creado por ENXENIO en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, vai significar un novo paso na vida académica do noso centro.Un programa que vén a completar a Xade e que costituirá unha ferramenta esencial no traballo do profesorado. A través del os profesores , Dirección e Secretaría do Centro poderán xestionar todo o traballo tanto académico coma de titorías e comunicación cos pais/nais do noso alumnado. Un programa que funcionará tanto a través da rede wifi do profesorado coma a través de terminais coma un móbil PDA ou un simple "pendrive" conectado a un PC para poder traballar dende a propia casa. O sistema constará de tres módulos ou aplicacións:
No arquivo adxunto poderás informarte máis polo miudo do que vai a consistir este proxecto que o IES.Laxeiro , no seu afán de millora continua, porá en marcha no vindeiro curso.
» Aberto o prazo de reservas para os Ciclos Medios e SuperioresDesde o día 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar admisión en Ciclos Medios e Superiores para o curso 2010-2011. Nos arquivos adxuntos poderás consultar a información que necesites, así como a Oferta educativa do IES.Laxeiro e os impresos que deberás cubrir para reservar a túa praza. » Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires
Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias. » Normativa de Actividades do CentroNo arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades extraescolares do Centro » |
Novos números
|