Deputados por un día

O alumnado de 1º de Bacharelato ven de defender no Parlamento de Galicia a proposición de lei sobre Desenvolvemento Rural que lle valeu o premio da actividade O Parlamento: a túa casa. A defensa consistíu en simular un debate parlamentario, con tódolos elementos formais coma a exposición da lei e os turnos de réplica baixo a dirección da presidenta Dna Dolores Villarino.

A actividade organizouse grazas ao departamento de Filosofía, baixo a supervisión do profesor Manuel Igrexas. Os portavoces do grupo que subiron ao estrado foron Federico Agustín García Grechinesco e Noelia Castro Chao, que fixeron unha presentación maxistral dos puntos de vista do alumnado.

A outra parte do premio van a recibila en breve, a mediados de xuño, cando visitarán Berlín.

Aquí vemos a Federico expoñendo no estrado:

Federico expoñendo a lei no Parlamento

 

E aquí temos a Noelia subindo ao estrado:

Noelia subindo ao estrado

 

Podedes ver máis fotos na galería de fotos do centro.