Unha profesora alemá no IES Laxeiro

 

 

Nestes días de outono contamos coa visita de Sabrina Jürgs, profesora no Auguste Viktoria Schule, un Gymnasium ubicado na cidade alemá de Itzehoe, no Bundesland Schleswig-Holstein Sabrina ensina Español, Inglés e Educación Física a alumnas e alumnos dun nivel educactivo equivalente ao noso bacharelato. A súa estancia no IES Laxeiro ten lugar dentro do programa PAD, nunha acción formativa similar ao job shadowing, un período de observación profesional coa intención de coñecer a nosa práctica educativa e a lingua española falada no noso país (e de paso algo de galego). Neste dúas semanas acompañou a algúns dos nosos docentes, fundamentalmente os correspondentes ás súas materias. Un bo xeito de aprender e intercambiar ideas así como de ampliar os vencellos europeos.