Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Magnífica actuación dos equipos do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento xove 2013Os dous equipos do IES Laxeiro tiveron unha brillante actuación na fase clasificatoria do concurso de debate Parlamento xove 2013, celebrada o 2 de marzo no Pazo da Deputación da Coruña, e no que participaron 24 equipos de toda Galicia. O equipo Laxeiro 1 formado por José Manuel Lorenzo, Marta Millares, Paula Castro e Diego Viana e coordinado por Xosé Manuel López clasificouse para a fase final en cuarta posición con todos os debates gañados e 88 puntos. Este equipo acudirá a fase final que se celebrará o 6 de abril no Parlamento de Galicia. O equipo Laxeiro 2 formado por Laura Torreiro, Iago Pazos, Antía Iglesias e Javier Peña e coordinado por Manuel Igrexas non logrou clasificarse, pero quedou na treceava posición con 1 debate gañado e 84 puntos. Podedes consultar os resultados. » |
Novos números
|