Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Febreiro 08, 2023
Start: 08/02/2023 16:38

Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional.   

Domingo Febreiro 26, 2023
Start: 26/02/2023 12:20

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

Venres Marzo 10, 2023
Start: 10/03/2023 22:22

Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.

 

Distribuir contido