Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

Aproveitando que contan coa colaboración da compañía teatral 100 tolas, “O mundo que queremos” volveu o mércores á actividade co taller teatral. Os/as alumnos/as participantes asistiron a xogos e a escenificación dun caso real que retrata as condicións a que se ven sometidos os traballadores que veñen de fóra en busca das oportunidades que non atopan nos seus países de orixe. Ler máis.

    O alumnado de 1º de Bacharelato que cursa a materia de ORATORIA está a participar no concurso O Club de debate que organiza o Concello de Carballo.  Xa están formados os dous equipos, Partido Pondaliano e Xuvengalia, cos que a profesora que coordina esta actividade,  Beatriz Cuesta e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro  poñen ao Parga Pondal na compentición.

    O mércores, 8 de febrero, asistiron á fase de presentación con gran aproveitamento por parte do alumnado.  Esta xornada tivo lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Oleiros) e serviu para que todo a alumnado participante se relacionase con outros concursantes  de Ferrol e Oleiros e coñecera as bases do concurso.

   O tema a debater  na 1º fase que terá lugar en Carballo o mércores 15 de Marzo será: Os deberes escolares son convenientes para a educación? 

 

Informarase do lugar e hora deste encontro cando dispoñamos a información, asi como das datas e horario no que se relizarán as fases seguintes.

 

Desexámoslles moita SORTE  a tod@s os participantes.

 

 


Orden ECD/1941/2016, de 22 de diciembre, por la que se determinan las características, el diseño y el contenido de la evaluación de Bachillerato para el acceso a la Universidad, las fechas máximas de realización y de resolución de los procedimientos de revisión de las calificaciones obtenidas, para el curso 2016/2017.

Segundo o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que "se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario" (DOG, 29/04/88, corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88 modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, DOG do 17 de maio, e polo Decreto 324/1996); no seu artigo 51 "[..] Unha vez recibidas as actas, a xunta electoral do centro procederá á proclamación dos candidatos elixidos, dando traslado da copia das mesmas ó Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince días reclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa."

Por tanto a dirección do centro, en representación da Xunta Electoral, fai público o resultado das eleccións:

Sector Alumnado

Manuel Galán Rodriguez

Alejandra Karyma Varela

Sector Profesorado:

Susana Blanco Gallego

Mª Basilisa Pacoret Balsa

Mª Rosario Matilde Varela

Sector PAS:

Josefa Mª García Costa

Sector nais/pais/titores ou titoras legales:

Begoña Recarey Calvelo

Constitución do consello escolar do centro

Segundo o Decreto citado, no seu artigo 52 "0 Consello Escolar constituirase, logo da convocatoria dos seus membros polo director do centro, dentro dos 10 días seguintes á proclamación dos candidatos electos".

 

Convócanse ao electorado listado nos censos publicados en tempo e forma no taboeiros do IES Isidro Parga Pondal, para as seguintes datas:

  • Sector alumnado: 23 de novembro dende as 11:00h ás 11:30h e dende as 11:50h ás 12:20h.
  • Sector profesorado: 24 de novembro as 11:00h e de novo ás 16:00h.
  • Sector nais/pais/titores ou titoras: 24 de novembro dende as 16:00h.
  • Sector PAS: 24 de novembro dende as 11:30h.

 

 

A Anpa Fonte da Vella convoca a tódolos pais/nais ou titores legais, a Asamble Xeral deste novo curso 2016-2017, que terá lugar o próximo Martes 15 de Novembro de 2016 na biblioteca do IES, no seguinte horario:

  • 1ª Convocatoria 20:00 h
  • 2ª Convocatoria 20:15 h

A Orde do día será:

  1. Estado de Contas
  2. Renovación da Xunta Diretiva
  3. Información das Actividades programadas para o curso
  4. Eleccións ó Consello Escolar
  5. Rogos e preguntas

Informarásevos tamén dos temas elexidos para as CHARLAS que se impartirán este ano no Centro, dirixidas a toda a Comunidade Educativa.

Adxúntase en arquivo, a Circular coa información da convocatoria da Asamblea que repartimos a tódolos alumnos do centro nas aulas.

Contamos con vós o Martes e agradecemos a vosa colaboración.

Un saúdo,

A Xunta Diretiva da Anpa Fonte da Vella.

 


DOG Núm. 189, Martes, 4 de octubre de 2016: RESOLUCIÓN conjunta de 26 de septiembre de 2016, de la Dirección General de Centros y Recursos Humanos y de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos. 


 

Procede realizalo sorteo público para a elección de membros que constituirán a Xunta Electoral prevista na normativa vixente. Dito sorteo terá lugar o vindeiro lúns 7 de novembro de 2016 ás 11.00h, na aula multimedia.