O Departamento de CC.SS. Xeografía e Hª publica os mínimos para o presente curso académico 2020-2021.
As datas para os exames de pendentes das materias do Departamento de CC.SS. Xeografía e Historia son as seguintes:
XEOGRAFÍA
2º Bac
Xa escolliches optativas para o vindeiro curso?
Desde o Departamento de Xeografía e Historia poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes da materia de Xeografía de España de 1º de bacharelato.
Departamento de Xeografía e Historia.
Que é a Xeografía ?
Materia que está da máis rabiosa actualidade. Comprenderás mellor as claves e as estratexias do presente. Conceptos como as renovables, New Deal Verde, ou o cambio climático deixarán de ser un misterio.
Para que me serve esta materia?
Coñecer o territorio español, froito da interrelación de factores naturais e antrópicos ata darlle o resultado actual, sen esquecernos da mundialización das actividades económicas, da información e das relacións globais. Permítenos estar mellor informados e coñecer mellor o complexo mundo actual.
Por que é unha materia clave no bacharelato?
Posibilita que aprendamos a pensar e a poñer en práctica habilidades que necesitamos tamén para outras materias. Afrontar o estudo do territorio español e da súa morfoloxía permítenos ordenar, estruturar e comprender os contidos de todas as disciplinas do bacharelato.
Por que usamos unha metodoloxía innovadora?
Porque o coñecemento, o pensamento crítico e libre é o mellor camiño para comprender o noso mundo. Por iso, as exposicións, o arte, a literatura, os debates a filmografía e os documentais, son esenciais na nosa metodoloxía. Avalados por uns resultados inmellorables. Así, non só un 100% de aprobados, senón tamén nota media de 10 puntos no bacharelato ordinario e moi bos resultados na ABAU.
E cando remate o bacharelato?
Cursar esta optativa, ademais de axudarche a preparar Historia de España, permitirache subir a nota de acceso ata 2 puntos, en moitos graos universitarios das ramas de Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas, Arte e Humanidades.
E se quero facer un ciclo?
Resultarache moi útil se pensas facer un Ciclo Formativo de Grao Superior en Axencias de Viaxes ou un Ciclo Formativo de Grao Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
Se aínda tes algunha dúbida contacta con algún membro do Departamento, especialmente Charo ou Xurxo, xa que son os que normalmente imparten esta materia.
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
1º Bac
Xa escolliches optativas para o vindeiro curso?
Desde o Departamento de Xeografía e Historia poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato.
Departamento de Xeografía e Historia.
Que é a Historia do Mundo Contemporáneo?
Materia que está da máis rabiosa actualidade. Aprenderás a conectarte co pasado máis recente e explicar as claves do presente.
Para que me serve esta materia?
Permítenos estar mellor informados e coñecer mellor o complexo mundo actual. Posibilita que aprendamos a pensar e a poñer en práctica habilidades que necesitamos tamén para outras materias.
Por que é unha materia clave no bacharelato?
Permítenos afrontar, moito mellor preparados, unha das materias troncais de 2º bac, Historia de España.
Por que usamos unha metodoloxía innovadora?
Porque o pensamento crítico e libre é o mellor camiño para comprender o noso mundo. Por iso, as exposicións, a filmografía, o arte, a literatura, os debates son esenciais na nosa metodoloxía. Avalados por un resultados inmellorables nos últimos anos.
E cando remate o bacharelato?
Lograrás unha gran información que che posibilitará un pensamento libre. Adquirirás coñecementos moi válidos para múltiples graos universitarios coma Xornalismo, Historia, Filoloxía, Antropoloxía, Criminoloxía...
Se aínda tes algunha dúbida contacta con algún membro do Departamento, especialmente Charo ou Xurxo, xa que son os que normalmente imparten esta materia.
Publicada a tarefa para setembro no curso de 2º de CC.SS. na ESPA (nocturno-adultos).
Publicadas as novas tarefas para o tema 15.
Publicada a data do exame de avaliación final ordinaria de Historia do Mundo Contemporáneo.
Martes 16 de xuño ás 18.00 horas. Duración do exame unha hora. Tes quince minutos máis para crear un documento coas imaxes escaneadas ou fotografiadas e mandarmo. Pasado ese tempo o exame quedará invalidado.
Publicada 7ª tarefa da corentena para a materia de Historia do Mundo Contemporáneo, 1º Bac (tema 14).
Publicada a 6ª tarefa da corentena para 1º Bac, materia Historia do Mundo Contemporáneo.
As actividades están no docuemnto pdf "actividades para a 6ª tarefa", inmediatamente anterior.
Publicadas as tarefas 7ª e 8ª para a materia de Xeografía de España de 2º Bac, sobre os temas de poboación e urbanismo.