Charla para as familias: Disciplina positiva e adolescencia
Enviado por Irene Mera o Ven, 15/11/2024 - 14:53
O vindeiro luns 18 de novembro contamos cunha nova charla orientada ás familias a cargo da psicóloga Andrea Do Campo. Co título Disciplina positiva e adolescencia, achegaranos propostas e estratrexias para abordar os desafíos que como pais e nais debemos afrontar nesta etapa. A charla será no salón de actos do centro a partir das 19:00 horas. Agardámosvos!
SEMANA MICOLÓXICA (11-15 NOVEMBRO 2024)
Enviado por Silviabarja o Lun, 11/11/2024 - 22:27O departamento de Bioloxía e Xeoloxía xunto coa Biblioteca organiza a Semana Micolóxica para por en valor o importante papel dos cogomelos no funcionamento e equilibrio do ecosistema do bosque galego.
No cartaz pódese consultar as actividades programadas.
ANÍMASE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NO CONCURSO FOTOGRÁFIA MICOLÓXICA.
Como?
Enviando ao correo da biblioteca unha fotografía de cogomelos no seu hábitat natural.
Indicar no correo: título da fotografía, nome e apelidos, e curso.
CALENDARIO DE EXAMES DAS MATERIAS PENDENTES CURSO 2024/25
Enviado por Irene Mera o Ven, 08/11/2024 - 14:07Adxúntase arquivo co calendario de exames das materias pendentes para o curso actual, 2024-2025.
FORMACIÓN DE FAMILIAS: COMO FALAR CON FILLOS E FILLAS NA IDADE ADOLESCENTE
Enviado por Irene Mera o Mar, 05/11/2024 - 11:32O vindeiro luns 11 de novembro temos o pracer de contar co psicólogo Alberto Casqueiro Iglesias, con amplia experiencia na formación a familias en centros educativos e especialista na etapa adolescente. Convidámosvos a asistir a charla e inaugurar con nós esta nova etapa da formación de familias (ENAPAS).
Eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar
Enviado por anonimo o Mér, 30/10/2024 - 12:07Ao abeiro da Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, convócanse eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar deste IES, que se celebrarán en novembro de 2024, polo que se fai exposición pública, no vestíbulo do pavillón A do centro, do censo de electores polos sectores de Pais/Nais e de Alumnado.
- O prazo de reclamación ao censo electoral remata ás 14:00 h. do venres 08/11/24.
- O prazo de presentación de candidaturas vai dende as 10:00 h. do mércores 30/10/24 ata as 14:00 h. do luns 11/11/24.
- O alumnado poderá votar o luns 18/11/24 en horario lectivo.
- A votación dos pais/nais/titores/as legais realizarase entre as 18:00 h. e as 20:00 h. do martes 19/11/24.
Formación teórico-práctica de Prevención de Riscos Laboráis Ciclo Medio Instalacións eléctricas e automatización
Enviado por martalopez o Mar, 29/10/2024 - 18:46
O pasado 23/10/24 tivemos a formación teórica-práctica en materia de Prevención de Riscos Laborais para os alumn@s de 1°Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automatización.
Foi impartida pola Fundación Laboral da Construción de Vigo e puideron probar os equipos de proteción: arnés, eslingas, cascos eléctricos etc...
#Prevencionruesgoslaborales, #Fundacionlaboralconstruccion#epis#
@flc_construcion
BONO CONCILIA DA XUNTA DE GALICIA
Enviado por Irene Mera o Lun, 23/09/2024 - 10:26Na seguinte ligazón tedes información relativa ao BONO CONCILIA, unha axuda da Xunta de Galicia para a conciliación familiar destinada a pais, nais ou titores legais de nenos e nenas de ata 12 anos de idade, que estean traballando.
https://www.pan.gal/gl/bono-concilia-familia#cuando_se_puede_solicitar
Aberta a matrícula para o curso gratuíto de capacitación dixital.
Enviado por Irene Mera o Mar, 30/07/2024 - 10:35Aprende a usar un ordenador, navegar pola web ou comunicarte coa administración. O curso, que é de balde, comezará o vindeiro mes de setembro no IES Indalecio Pérez Tizón. A matrícula está aberta desde o 30 de xullo ao 3 de setembro. Infórmate chamando ao noso centro: 886110749 (de 9:30 a 12:30).
Entrevista a Paco Fernández e Miriam Burgos
Enviado por anonimo o Xov, 11/07/2024 - 09:48Clicando na seguinte ligazón poderedes acceder á entrevista que o alumnado de 1º de bacharelato realizou a Paco e a Miriam, profes do centro que o vindeiro curso non estarán con nós, pero que deixan unha fonda pegada no Indalecio.
https://drive.google.com/file/d/14NlmGRNEQLbEEBmpOAQAC8f1XXr94-gi/view?usp=sharing
LISTAXES DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por anonimo o Lun, 01/07/2024 - 12:13ESO | LIBROS DE TEXTO 1º, 2º, 3º e 4º ESO 24-25 |
FORMACIÓN PROFESIONAL (FPB E CICLOS) | LIBROS DE TEXTO FORMACIÓN PROFESIONAL 24-25 |
BACHARELATO | LIBROS DE TEXTO 1º e 2º BAC 24-25 |