Conferencia sobre violencia sexual: Towanda Rebels
Enviado por anonimo o Ven, 03/12/2021 - 10:26Onte o noso alumnado de 4º ESO e ciclo medio de comercio participou nunha conferencia organizada polo concello de Tui e impartida por Towanda Rebels. Nela falouse sobre temas tan interesantes coma os estereotipos de xénero, violencia sexual, a necesidade de educación afectivo-sexual... Os nosos alumnos/as quedaron moi satisfeitos coa conferencia, mesmo indicaron que foi a mellor que lles deron sobre este tema ata o de agora. Por iso, o centro está moi agradecido a Towanda Rebels e ao concello de Tui por invitarnos a realizar esta actividade e estaremos encantados/as de repetir a experiencia.
Fotos da conferencia "Bacterias comeplásticos"
Enviado por anonimo o Mar, 30/11/2021 - 11:22Onte, 29 de novembro de 2021, a profesora da USC Sabela Balboa visitou o noso centro para impartir a conferencia "Bacterias comeplásticos". O noso alumnado de 1º Bacharelato A quedou encantado coa súa exposición, e todo o centro (particularmente o profesorado que integra os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Vicedirección) está moi agradecido á deputación de Pontevedra, á Real Academia Galega das Ciencias e, especialmente, á conferenciante, Sabela Balboa, quen desenvolveu unha charla sobre a contaminación plástica, as bacterias comeplásticos e sobre os estudos que están a levar a cabo ela máis o seu equipo de investigadores da USC, dun xeito ameno e interesante. Estaremos encantados/as de que repita a experiencia cando queira.
Velaquí vos deixamos as fotos da conferencia:
RAGC: Conferencia de Sabela Balboa
Enviado por anonimo o Mér, 24/11/2021 - 10:44O vindeiro luns 29 de novembro, o alumnado de 1º Bacharelato A recibirá unha conferencia, "Bacterias comeplásticos", grazas á iniciativa da Real Academia Galega das Ciencias e da profesora Sabela Balboa, que terá a deferencia de vir a o noso centro para impartila.
VIDEO DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Votacións consello escolar
Enviado por anonimo o Mar, 23/11/2021 - 21:07Estimados membros da comunidade educativa:
Lembrámosvos que nos vindeiros días terá lugar a votación para a elección dos representantes dos pais/nais/titores/as legais, do alumnado e do profesorado no Consello Escolar. As quendas para emitir o voto organizaranse do seguinte xeito:
-
Profesorado: mércores 24 de novembro en claustro extraordinario en horario de 16:30 a 17:30
-
Alumnado de diúrno: xoves 25 de novembro en horario de 9:00 a 14:00
-
Alumnado de nocturno: xoves 25 de novembro en horario de 17:00 a 18:00
-
Pais/nais/titores/as legais: xoves 25 de novembro en horario de 17:00 a 19:30
As votacións terán lugar no salón de actos situado no pavillón A do IES Indalecio Pérez Tizón.
Beneficiarios máscaras
Enviado por anonimo o Mar, 23/11/2021 - 21:06BENEFICIARIOS MÁSCARAS
Estimadas familias:
Infórmaseque con data 12 de novembro de 2021 foi publicado no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021, na que se recolle que o alumnado beneficiario de material escolar e do fondo solidario de libros neste curso académico 2021/2022 terá dereito á distribución grauíta de máscaras. Nos vindeiros días procederase á repartición das mesmas entre o alumnado beneficiario. Para máis información pódese consultar a seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_es.pdf
Magosto 2021
Enviado por anonimo o Mar, 23/11/2021 - 11:20Despois dun ano e medio sen poder realizar ningunha actividade no centro, este ano por fin puidemos festexar o magosto. As imaxes, ás que podedes acceder pinchando na ligazón que vén despois, ilustran non só o ben que o pasou o noso alumnado, senon tamén o traballo dos alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO picando as castañas.
Saída aos muíños de Tripes: alumnado de 1º FP Básica
Enviado por anonimo o Xov, 18/11/2021 - 11:42O pasado martes 16 de novembro o noso alumnado de 1º FP Básica realizou a ruta dos muíños do Tripes. Pinchade na seguinte ligazón para ver as espectaculares imaxes da contorna de Tui:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »