Skip to Content

CP Innova: Cidade xeométrica

Nesta avaliación, o alumnado de 1° ESO estivo a traballar os corpos xeométricos, os seus nomes, compoñentes e desenvolvementos planos. Como resultado deste proxecto, construiron unha cidade empregando figuras xeométricas.

Aquí tedes algunhas fotiños.

EscribirArte na Mariña

Hoxe terá lugar no Salón Multiusos do Concello de Viveiro a inauguración da exposición EscribirArte na Mariña, da Microrrede A Mariña de Bibliotecas escolares.

Está composta por un total de 16 obras moi orixinais, con diferentes técnicas e un traballo colaborativo que agardamos que sexa do voso agrado. As obras que aí se presentan transpasan as paredes da sala de exposición. Grazas á linguaxe dos códigos QR, achegan o/a visitante a temáticas dispares traballadas nos proxectos dos distintos centros educativos.

A exposición estará aberta ao público no Salón Multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8 ao 11 de maio.

Máis información no Instagram da Biblioteca do IES Illa de Sarón e na páxina web do centro.

Esperámosvos!

Donas de sí: Mulleres na historia

Ao longo de todo o curso estivemos traballando en todos os niveis da ESO o papel de determinadas mulleres na Historia, posto que, na maioría dos casos, as súa contribución quedou relegada a un segundo plano, ensombrecida polo papel dos varóns (protagonistas coñecidos dos distintos episodios da Historia) ou mesmo olvidada. É necesario recuperar o nome destas mulleres para que os alumnos e alumnas as coñezan e comprendan a súa relevancia.

Deste xeito, o que fixemos foi proponer un traballo para cada alumno consistente en elaborar unha pequena biografía sobre a muller escollida.

No grupo de 1ºde ESO, as mulleres escollidas debían pertencer á Idade Antiga, posto que este período é o que se traballa neste curso. As escollidas foron: Aspasia de Mileto, Julia Domna, Hipatia de Alexandría, Cornelia, Gala Placidia, Livia Drusila, Cleopatra, Hatshepsut, Nefertiti, Lucrecia, Diotima de Mantinea, Agripina la Menor… Son eruditas ou figuras destacadas na política no caso de Exipto e Roma.

No grupo de 2º de ESO centrámonos na Idade Media, que é o que traballamos ao longo de todo o curso, con nomes destacados como Muniadona, Blanca de Navarra, Petronila, Urraca… todas elas raíñas dos diferentes reinos que conformaron España.

Nos grupos de 3º e 4º de ESO traballamos a Idade Moderna e Contemporánea. Algúns nomes a destacar son: Isabel a Católica, Isabel II, María Cristina de Habsburgo, Catalina de Rusia, María Teresa de Austria, Agustina de Aragón, Mariana Pineda, María Antonieta… neste caso son raíñas ou figuras ilustres por ter destacado no despotismo ilustrado ou na guerra de independencia contra os franceses.

 

PROBAS LIBRES PARA CICLOS FORMATIVOS LOE. CURSO 2022/2023

Estas probas teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou técnico superior de formación profesional, sempre que se cumpran uns requisitos. (https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual)

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional poderanse facer a través do asistente web para cubrir a solicitude (https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision)

Tamén se poderá resolver empregando o ANEXO I e presentarse na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Calendario

Todas as listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do centro público elixido como primeira opción e na páxina web www.edu.xunta.gal/fp

Caledario de admisión das probas libres

Presentación de solicitudes17 abril ás 9:00h ao 28 abril ata as 13:00h
Listaxe provisional de solicitudes3 de maio
Reclamación contra a listaxe provisional3 maio ás 9:00h ao 5 de maio ata as 13:00h
Listaxe definitiva de solicitudes10 de maio
Listaxe de persoas adxudicadas10 de maio
Matriculación10 maio ás 9:00h ao 19 ata as 13:00h
Liberados e adxudicación continuada23 maio ás 9:00h ao 31 maio ata as 13:00h

Máis información:

  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130416/AnuncioG0164-090413-0001_gl.html

  https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10055

 

CP Innova: Día de Pi

CP Innova: Concurso de Sudokus

Correspondentes Xuvenís

Donas de sí

O alumnado de 3° adicou esta avaliación a investigar os logros de varias deportistas galegas. Cada membros da clase realizou unha exposición do seu traballo. Con toda a información recollida, organizáronse en dous grupos e elaboraron unha lista de preguntas para facer un concurso, "Pasapalabra: deportistas galegas".

Foi unha actividade moi divertida, seguro que repetiremos!!

Bolsas MEFP para estudos postobrigatorios curso 2023/2024

Xa podes solicitar a túa bolsa xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2023/2024.

Esta bolsa vai dirixida para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, como Bacharelato, FP ou estudos universitarios.

O prazo de solicitude vai do 27 de marzo ata o 17 de maio. É necesario que pidas a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan.

Máis información no portal de bolsas e exudas do MEFP:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Distribuir contido


by Dr. Radut