Skip to Content

Donas de sí: Mulleres na historia

Ao longo de todo o curso estivemos traballando en todos os niveis da ESO o papel de determinadas mulleres na Historia, posto que, na maioría dos casos, as súa contribución quedou relegada a un segundo plano, ensombrecida polo papel dos varóns (protagonistas coñecidos dos distintos episodios da Historia) ou mesmo olvidada. É necesario recuperar o nome destas mulleres para que os alumnos e alumnas as coñezan e comprendan a súa relevancia.

Deste xeito, o que fixemos foi proponer un traballo para cada alumno consistente en elaborar unha pequena biografía sobre a muller escollida.

No grupo de 1ºde ESO, as mulleres escollidas debían pertencer á Idade Antiga, posto que este período é o que se traballa neste curso. As escollidas foron: Aspasia de Mileto, Julia Domna, Hipatia de Alexandría, Cornelia, Gala Placidia, Livia Drusila, Cleopatra, Hatshepsut, Nefertiti, Lucrecia, Diotima de Mantinea, Agripina la Menor… Son eruditas ou figuras destacadas na política no caso de Exipto e Roma.

No grupo de 2º de ESO centrámonos na Idade Media, que é o que traballamos ao longo de todo o curso, con nomes destacados como Muniadona, Blanca de Navarra, Petronila, Urraca… todas elas raíñas dos diferentes reinos que conformaron España.

Nos grupos de 3º e 4º de ESO traballamos a Idade Moderna e Contemporánea. Algúns nomes a destacar son: Isabel a Católica, Isabel II, María Cristina de Habsburgo, Catalina de Rusia, María Teresa de Austria, Agustina de Aragón, Mariana Pineda, María Antonieta… neste caso son raíñas ou figuras ilustres por ter destacado no despotismo ilustrado ou na guerra de independencia contra os franceses.

 



page | by Dr. Radut