Durante o curso 2022-23 levaremos a cabo co alumnado da ESO o proxecto:
A pegada das mulleres na historia
Ao longo da historia foron moitas,as mulleres esquecidas e invisibilizadas por parte dunha sociedade totalmente patriarcal. Mulleres que co seu traballo silencioso contribuíron a termos hoxe unha sociedade mellor e máis xusta. Por este motivo, neste proxecto partimos da necesidade de darlle voz e visibilizar a todas as mulleres que forman parte no día a día do noso alumnado no nome de rúas, prazas e edificios e daqueloutras que pasaron pola historia de xeito máis silencioso.
Pretendemos axudar ao noso alumnado a descubrir un mundo de coñecemento que lles permita adquirir un pensamento crítico e unha olla da á sociedade en feminino, de tal xeito que desenvolvan un sentido igualitario entre os dous sexos dende unha óptica coeducativa.