Estas probas teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou técnico superior de formación profesional, sempre que se cumpran uns requisitos. (https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual)
Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional poderanse facer a través do asistente web para cubrir a solicitude (https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision)
Tamén se poderá resolver empregando o ANEXO I e presentarse na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Calendario
Todas as listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do centro público elixido como primeira opción e na páxina web www.edu.xunta.gal/fp
Caledario de admisión das probas libres | |
Presentación de solicitudes | 17 abril ás 9:00h ao 28 abril ata as 13:00h |
Listaxe provisional de solicitudes | 3 de maio |
Reclamación contra a listaxe provisional | 3 maio ás 9:00h ao 5 de maio ata as 13:00h |
Listaxe definitiva de solicitudes | 10 de maio |
Listaxe de persoas adxudicadas | 10 de maio |
Matriculación | 10 maio ás 9:00h ao 19 ata as 13:00h |
Liberados e adxudicación continuada | 23 maio ás 9:00h ao 31 maio ata as 13:00h |
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130416/AnuncioG0164-090413-0001_gl.html
https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10055