Deportes

Chegou aos nosos oídos....Fabiola na Snow Cross Leitariegos

Chegou aos nosos oídos ....o máis que meritorio terceiro posto da modalidade de veterános  e oitavo na cualificación absoluta acadado pola nosa conserxe Fabiola Pérez Mosquera na Snow Cross Leitariegos disputada o pasado 21 de xaneiro de 2016 ás 17:30 na Estación de esquí Valle de Laciana – Leitariegos. Investíu no esixente percorrido un total de 1 hora 36 mnts. 59 sgds.

A carreira discurríu polas pistas de esquí da estación nun percorrido de 5 kilómetros e 500 metros de desnivel positivo ao que os corredores tiveron que dar 2 voltas para completar os 10 km e case 1.000 metros positivos da proba. Á dificultade do desnivel houbo que engadir a existencia placas de hielo en ciertos tramos (polo que se recomendaba o uso de crampones específicos para correr por neve) e que la carreira, iniciada ao comezar á tardiña, houbo de facerse en condicións de moi baixas temperaturas.

Chegou aos nosos oídos...Sara Edreira no Campeonato de España de salto (hípica)

Chegou aos nosos oídos.... que Sara Edreira, alumna de 3º da ESO do Aguiar está a participará próximamente en Madrid  no Campeonato de España de Hípica.

Compite na modalidade de salto na categoría infantil. 

Vaia aquí unha actuación súa montando a Arkeness

Non podemos menos que desexarlle boa sorte á nosa amazona!

Distribuir contido