Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

Chegou aos nosos oídos... Raquel Vázquez. Premio Gloria Fuertes

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.

Raquel Vázquez, ex_alumna do noso IES e aínda colaboradora da biblioteca  recibíu o premio Gloria Fuertes e foi protagonista dunha entrevista no Ideal Gallego

 

Tiene 23 años y algo dentro que le hace coger un papel y escribir en verso. Raquel Vázquez ganaba este año el premio de poesía joven “Gloria Fuertes” por “Luna Turbia”, donde ordena los poemas por las fases del satélite. Esa es la razón de que cuando la luna engorda y se hace bola salgan a la luz los poemas más intensos, composiciones que se quitan las complicaciones en el momento en que ella mengua.(

Para la lucense, que vive en Betanzos, haber conseguido esta distinción no es más que una señal para seguir escribiendo: “Fue una alegría porque aunque me he llevado varios premios, este es muy especial”. En una carrera que comenzaba con tan solo trece años a golpe de relatos y proseguía en el momento en que alcanzaba la mayoría de edad para darle forma a un poemario que, es, en realidad, el género que más le llena( noticia completa).

 

 

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx&&&&xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Hora de Ler. Terceira semana

3ª SEMANA [3ª SESIÓN]

***

De volta tras estas pequenas vacacións, retomamos a Hora de ler. Xunto coa muller esquelete e a morte amante quedan o Xinete Descabezado, a selección de micros de terror e a historia do namorado do Barrio de las Flores.



No Francisco Aguiar len " tos'...toítos tos' "

 

Na campaña de animación que as nosas marchosas dinamiz(t)adoras da biblioteca deseñaron para o tempo de Samaín-Santos,  botaron man

de canta axuda  estaba disponible.  Por iso, no laboratorio de Ciencias Naturais,  contrataron a  este empecinado ou empecinada  lector ou

lectora (non temos aínda o dictame forense para definir este extremo) que, no recibidor do Instituto,   anima (¡glup! ) a todos e todas á lectura

 


Tempo de Ler. Segunda semana

2ª SEMANA [2ª SESIÓN]

***

Xa sabemos que sodes moitos os que levades os vosos libros á clase, pero, porque non só pensamos nos despistados senón tamén nos que estades atentos a ler as nosas suxestións, ahí quedan nestes tempos aínda de limbos un Xinete Descabezado e un demo que moito medo non da. Súmanse á selección de micros de terror e a historia do namorado do Barrio de las Flores. ¡Tempos de defuntos...!

¡ NON VOS PERDADES AS SUXESTIÓN DE LECTURA DA BIBLIOTECA A TRAVÉS DO RESUCITADO BLOG: "Alto risco" !

Reanudamos o "Tempo de Ler"

Este luns retomamos a proposta Hora de lectura.

 

                         Pretendemos que todos os alumnos da ESO adiquen os primeiros 15 minutos da clase  á lectura silenciosa: un tempo 
                         relaxado de lectura que agardamos vaia callando neles como unha experiencia pracenteira e útil.

 

1ª SEMANA [1ª SESIÓN 8:45-9:00]
***
                       Os alumnos levarán os seus libros, pero tamén haberá nas aulas suxestións de lectura. Neste tempo, preámbulo de defuntos e 
                       ultratumbas, unha selección de microrrelatos de terror e algún conto no que un morto ben arrepentido non para de falar.

Lidia Gómez. merecido premio a unha ex-alumna do IES

 

Ao longo da nosa historia como Instituto o IES Francisco Aguiar tivo a fortuna de exercer como un auténtico viveiro de escritores e escritoras. Lembraremos a Xesús Fraga, Xosé Tomás  ou,  máis   recentemente,  a  Elena Veiga ou Raquel Vázquez .

Hoxe temos a honra de engadir a este elenco a Lidia Gómez Martínez que resultou gañadora da novena edición do Premio Biblos-Casa Grande do Bachao. Lidia estuda Filoloxía hispánica  .

O traballo premiado ten "os elementos necesarios para chegar a ofrecer un retrato singular dunha sociedade de tipo decimonónico, que ela concreta na relación dunha lavandeira compostelana coa súa patrona, a dona dunha curtiduría da Pontepedriña". Así o decidiu o xurado, integrado pola gañadora da sétima edición do Biblos, Iria Morgade Valcárcel, ademáis de por Tucho Calvo e María Xosé Queizán.

Lidia Gómez Martínez "amósanos a distancia entre dous mundos moi arredados social, económica e culturalmente, cos seus soños e os seus medos condicionados pola opinión da xente. Pero o interés do argumento que debe ser desenvolvido nos vindeiros meses nace precisamente na imposibilidade de manter eses universos estancos, do obrigado contacto e as relacións nos tarreos máis cotiáns da vida e dos sentimentos", continua sinalando o fallo do xurado.

 Noraboa!

 http://www.sermosgaliza.com/artigo/letras-e-ideas/ordense-lidia-gomez-gana-premio-biblos-novela-menores-25-anos/20130719204112017380.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/07/20/lidia-gomez-martinez-ganadora-do-premio-biblos-novela/0003_201307G20P41992.htm

.

biblioteca virtual galega

 

http://bvg.udc.es/index.jsp

PREMIOS FOTOPOESÍA

Concurso Fotopoesía 2013

Reunido o xurado formado polos seguintes membros: Verónica Fachal, Icía Rodríguez, Elvira Castro, Oscar García, Francisco Rodríguez e Carme Suárez

Acordou otorgar os seguintes premios:

1º Alberto Fraga por "Roubáronnos o sol"

2º Alma López por dúas obras; "Suxerencia dos gatos..." e "Unha historia contada noutra lingua"

3º Irene Castro por "Fomos ficando sós"

          

                                                  

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro no noso Instituto. Os alumnos/as elaboraron unha proposta de animación lectora que será exposta en dous grandes murais nos andares do devandito IES.

Por outra banda, a hora de lectura, terá lugar no patio de recreo (alumnos/as do 1º ciclo de ESO)

 

 

He elegido este libro por su gran sentido del humor. Además pienso que tiene toda la razón y coincido con
el autor en todo lo que dice. Se lo recomiendo a todas las personas que tengan una madre “pesada”, ja ja ja ja...


AMAYA ASCUNCE, Cómo no ser una drama mamá. Planeta 


Escogí este libro porque enfoca a un ser mitológico que quiere saber sobre su vida anterior y sus antepasados. Este libro le podría resultar interesante a las personas a las que les gusten las aventuras de dos mundos distintos.

 


 GERÓNIMO STILTON El reino perdido .Destino

Distribuir contido