INTERCAMBIOS /Complementarias
Intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena
Logo de que un grupo de 19 alumnos e alumnas visitaran en setembro a cidade de Siena nun produtivo intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna, tocaba ao IES Francisco Aguiar recibir ao alumnado diste Liceo toscano.Pois ben...xa están entre nos.
O primeiro día tocou recepción no Instituto, charla en inglés sobre o Camiño de Santiago a cargo de Catuxa Gómez e Laura Antón. E para repoñer forzas, e prepararse para o resto da mañá, desgustación de chocolate con churros.
De seguido visita guiada ao casco antigo de Betanzos... para rematar cunha recepción por parte do Concelleiro de Cultura do Concello de Betanzos. A tarde, de convivencia coas familias españolas .
E mañá.... longa pero prometedora viaxe ata o Castro de Santa Trega e Valença do Minho
O sábado, á mañá, actividade no Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) . Pola tarde, con permiso da autoridade( que xa temos) e se o tempo non o impide ( crociamo il dito) concerto no Palco da Música a cargo de "Los Inesperados".
Plan de Prevención de Drogodependencias no Ámbito Municipal
Durante os meses de febreiro e marzo o noso Instituto volverá a participar no Plan Prevención de Drogodependencias dende o Ámbito Municipal, experiencia que se vén desenvolvendo no Concello de Betanzos dende o ano 2002.
O Instituto leva xa varios anos colaborando e mañá comeza unha nova edición deste programa premiado en varios foros.
Durante os meses en que terán lugar as sesións, todos os grupos da ESO terán ocasión de participar, en dúas sesións cada un, dirixidas por Juan Carlos Prado, traballador da Concellería de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Betanzos.
20 de decembro, un fin de trimestre festivo e de premios.
Como remate do trimestre, o venres día 20 tivemos unha xornada moi animada e premiada no Aguiar. De momento, mentres collemos folgos , simplemente vos presentamos algunhas imaxes das cousas que fixemos. Pronto iremos presentando todas elas de xeito máis detallado ( que para eso tivemos reporteras -¡o noso agradecemento a Ruth Salgado e Raquel Vázquez! - que cubriron todos os eventos
Concertos e festivais na ESO e BAC cunha obra de teatro, escrita pola profesora Lucía Sáez, que alumnos de 2º representaron á perfección; a música de varios dos libros que se leron nestre trimestre a cargo dun espectacular grupo de rock formado por alumnos e alumnas de 3º da ESO ( Zuriñe, Aldara, Gala, Manu, Emilio, Rodrigo); villancicos en inglés coordenados pola profesora Mª José Pardo; un grupo de baile tradicional e cantareiras de 3º da ESO e 2º BAC ( grazas aos grupos "Azougue" de Betanzos e "O Castro" de Miño que día a día están a formar a estas magníficas artistas) ; rap de Iago e Jon ( que nos deixaron boquiabertos); e baile, Vero Amor para Bacharelato(¡espectacular!), e Ángela Novo e o seu grupo de baile para ESO (unha sorpresa moi agradable e unha grande calidade na execución); o rock pixamero dos INESPERADOS ( aos que tamén temos que agradecer que nos deixaran utilizar no festival de BAC os seus equipos de son )
E para que estes festivais funcionasen coma un reloxo... presentadores de altura como Alonso, Lucía, Laura ou Icía
Pintura de murais colectivos. Coordenados polo profesor Xosé Manuel Rey Bao, e provistos de cartóns e tizas de cores os participantes deixaron constancia dunha capacidade artística moi notable (¡xa veredes, xa!)
Torneo de xadrez, que foi gañado por Lucas Feijoo( á dereita) en dura "pelexa" na "semi" con Brais Sabín e na final con Manuel Seijo Ríos. Máis de 40 rapaces e rapazas participaron neste torneo que, un ano máis, temos que agradecer na súa coordenación ao profesor Oscar García.
Premios no IIº Concurso de Tweets navideños que convoca a Biblioteca do centro, e que este ano coordena Francisco Rodríguez axudado por Elvira Castro, Carme Suárez, Oscar García e tantos outros e outras que sería longo enumerar.
A LUZ PERIGOSA -Cres que poderás? -Non sei, é difícil. -Sendo quen es, como non vas poder -Xa está, vexo unha luz laranxa ao lonxe. -Ten coidado. E a pesar das advertenzas do reno, o cu de Papá Noel fumeou unha boa tempada.
|
AMOR DESLUMBRANTE Quérote moito, sen ti non podería vivir. Érgome cada día esperando a túa chegada, delúmbrasme, iluminasme,eres a luz no meu camiño. En Nadal véxote menos pero aínda así chégame, ás veces, a túa calor. Desexado Sol!
|
En la puerta del pesebre se ha abierto el cajón de tristeza, deshaucios y terrorismo y así el nacimiento del niño no ha vuelto a ser lo mismo...
|
SARA NÚÑEZ FERNÁNDEZ | MANUEL SEIJO RÍOS | NURIA VÁZQUEZ |
Premios no Concurso de Christmas de Nadal que entregou o director, Xosé Manuel Montero, ás gañadoras deste concurso que convoca cada ano o Departamento de Inglés para o alumnado do primeiro ciclo da ESO. (¡grazas ás profesoras Teresa Herguedas e Mª José Pardo!)
Campionatos de fútbol-sala, balonmán e baloncesto. (próximamente presentaremos as imaxes) ¡Grazas aos alumnos de 4º que axudaron a organizalos e moi nomeadaente ao profesor Carlos Castellanos que soportou o frío do Polideportivo toda a mañá axudando a que todo fose ben! ¡Grazas aos participantes e ao público que nesta ocasión tivo un gran comportamento e civismo quedando o Poli' en perfecto estado de revista!
Chegou aos nosos oídos... Luis Gorrochategui. "Contra Armada"
"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da páxina web do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.
Pois... chegou aos nosos oídos que o profesor de Filosofía Luis Gorrochategui impartira, na Cátedra “Jorge Juan” de Ferrol unha conferencia: “Contra Armada. La mayor catástrofe Naval de la Histoiria de Inglaterra”. Esta conferencia terá lugar o vindeiro xoves 7 de novembro ás 19.30h. no Centro Herrerías, Cantón de Molíns en Ferrol.
Agradecemos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos relativos á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina.
Chegou aos nosos oídos... Sabela Caamaño. Concerto de acordeón.
"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.
Pois ben ... chegou aos nosos oídos que a ex-alumna do Instituto Sabela Caamaño ofrecerá o vindeiro xoves, 31 de outubre, un concerto formando parte do duo SAYNO en Danzalia Mundi (Avda Peruleiro, 28 baixo. A Coruña)...
Infos:
http://duosayno.wix.com/sayno
http://www.danzaliamundi.com/
Agradecemos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos relativos á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina.
......................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
Patrulla Verde. (ogalla desapareza)
Un grupo de alumnos e alumnas do noso centro puxeron nestes días en marcha unha iniciativa interesante de voluntariado .
Coordenados e animados pola "profesoresa" Lucía Sáez adican parte do seu tempo libre a manter o centro e os xardíns limpos de papeis. bolsas...
Chámanse a sí mesmos/as "Patrulla Verde"
¡Pese a que nos gusta a idea , agardamos que esta iniciativa acabe desaparecendo!
¡ Sí, si.... non lestes mal ! Ogallá acabe por desaparecer. Iso será cando o resto da comunidade escolar, movidos por tan responsable iniciativa, comecemos a coidar máis a limpeza das institucións que todos utilizamos. Comecemos todos e todas a valorar o centro que disfrutamos, a coidar os seus amplos amplos espazos verdes e a procurar a limpeza dos mesmos.
Mentres isto non ocorra. ¡Noraboa aos "patrulleiros e patrulleiras"!
Chegou aos nosos oídos... Manuel Vilariño. "Mitologías"
"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.
Pois iso ...que chegou aos nosos oídos que o antigo profesor de Bioloxía, Manuel Vilariño, presentou no “MAC Gas Natural Fenosa” de A Coruña unha exposición de fotografías que, baixo o título “Mitologías”, permanecerá exposta entre o 24 de outubro de 2013 e o 23 de febreiro de 2014.
http://lacomunidad.elpais.com/avferreiro/2013/10/22/mitologias-manuel-vilarino
Agradecemos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos relativos á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina.
Chegou aos nosos oídos... Salvador Naya. "Betanzos. Magic Town"
"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta que hoxe inauguramos na nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro . Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí ( alumnos/as, profesorado) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.
Pois ben......... chegou aos nosos oídos que Salvador Naya profesor do departamento de Matemáticas da Universidade Politécnica de A Coruña, que tantas veces informou no Instituto para a orientación aos estudos universitarios e, tamén, pai dunha antiga alumna, presenta hoxe, venres 25 ás 20.30 na librería Biblos, o libro “Betanzos. Magic Town “ do que é coautor xunto con Carmen Cotelo. Un estudo estatístico sobre o modélico comportamento electoral de Betanzos.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/24/galicia/1382637690_603243.html
Para o mantemento desta sección agradeceremos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos no que estea implicada á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina