Educación Física
Surf en Bastiagueiro
O alumnado de 4º da ESO estreou as actividades complementarias deste curso cunha saída á praia de Bastiagueiro martes, 19 de setembro. A actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda.
Damos as grazas á escola "After Surf" por todos os bos consellos que nos deron ao longo da mañá.
Viaxe a Andorra - 4º de ESO
Durante os días 14 e 21 de xaneiro, os grupos de 4º de ESO visitaron Andorra para practicar esquí.
A estadía en Andorra foi unha posibilidade formativa moi interesante para o alumnado e profesorado, porque permitiu afondar no coñecemento mutuo, a compresión do papel que xogamos cada un de nós, por non falar da liberdade que gozou o alumnado nun entorno descoñecido.
O alumnado puido demostrar actitudes, normas, comportamentos baseados en valores adquiridos ao longo dos anos, tanto na familia como nas diferentes etapas educativas, destacando o respecto e a colaboración nas actividades realizadas.
Actividade deportiva na praia de Bastigueiro
Os grupos de 2º de ESO acudirán á praia de Bastiagueiro (Oleiros) para realizar xogos na praia e practicar orientación.
Excursión á Pontenova e Taramundi [ANULADA]
Os grupos de 2º de ESO visitan a Pontenova e Taramundi.
Charla sobre igualdade no deporte
O grupo de 1ºB recibe unha charla sobre a igualdade no mundo do deporte, a cargo do Club de Piragüismo de Betanzos.
Piragüismo no Mandeo
Os grupos de 2º e 4º de ESO practican piragüismo no Mandeo. Hoxe é a quenda de 4ºB e de E2D.
Andainas pola contorna de Betanzos - 1º de ESO
Enviado por Anónimo o Mér, 10/05/2023 - 09:07Piragüismo no Mandeo - 2º e 4º de ESO
Os grupos de 2º e 4º de ESO practican piragüismo no Mandeo. Hoxe é a quenda de 2ºA.
Piragüismo no Mandeo - 2º e 4º de ESO
Os grupos de 2º e 4º de ESO practican piragüismo no Mandeo. Hoxe é a quenda de 4ºD.
Piragüismo no Mandeo - 1º de Bacharelato
Os grupos de 1º de bacharelato practican piraguismo no Mandeo. Cada grupo terá dúas sesións. A actividade comeza o día 3 de maio e acaba o 23 de maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »