Chegou aos nosos oídos
Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico campeona en carreiras de orientación
Na imaxe Alba( terceira pola dereita) gañadora do campeonato escolar provincial celebrado o 7 de abril en A Coruña
Chegou aos nosos oídos... un novo triunfo da nosa alumna de 1º da ESO, Alba Dopico nas carreiras de orientación .
No seu día deramos conta da nova de que Alba participaría no nome do IES Francisco Aguiar no Campeonato Provincial Escolar a celebrar en O Burgo o 7 de abril na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. O resultado non puido ser mellor: 1º posto para Alba, como podedes ver na imaxe que abre esta noticia. Pero deixemos que sexa ela quen nos faga a crónica:
O pasado sabado, dia 16 (de abril) , fun ao campeonato escolar galego en O Carballiño e quedei en segunda posicion, pero para o ano que ven... a pola primeira!, xa que aínda teño un ano mais para competir, este año era la pequeña del grupo.
O dia 6 de maio irei a Granada, ao campeonato escolar de España. Podo participar a nivel nacional polos meus resultados na liga Galega na categoria M21 B.
Chegou aos nosos oídos ...Say My Name á semifinal de "Capitán Demo" de Radio 3
Chegou aos nosos oídos... que os chicos de "Say my Name" dos que forma parte, como batería, a ex do Aguiar Valeria Rubal, acaban de pasar á semifinal (xunto con outros 29 grupos de toda España) do concurso de maquetas que organiza Radio 3 baixo o nome Proyecto Demo 2016. Participan coa canción "Take me home" que podedes escoitar neste enlace.
Unha das características deste certame é que o voto é cousa do público. Así que animamos a escoitar a Say my Name... e a votalos antes do 24 de abril ás 23.59h.
Chegou aos nosos oídos...Amaia Tomé presenta exposición de arte plástica
Chegou aos nosos oídos...que a alumna de 1º BAC Amaia Tomé presenta o venres 8 de abril exposición de acrílicos e debuxos co título "Tonalidades". Será ás 20.00h na Libraría Biblos de Betanzos. Confirmamos a polifacética labor creativa de Amaia á que temos visto en actuacións musicais e, recentemente, gañando o premio Minerva de relato.
A nosa ledicia multiplícase pola compaña que Amaia terá na súa presentación: Como madriña unha querida nai de ex alumna, e sempre dispoñible colaboradora do Aguiar, Sabela Arias. E como acompañante musical outra alumna de 1º BAC a violonchelista Maia López.
Quen dá máis!
Chegou aos nosos oídos...Luga (Luciano Fernández), ex do Aguiar, presenta disco
Chegou aos nosos oídos... que o ex do Aguiar Luciano Fernández (Luga)logo de percorrer as principais capitais europeas coas súas cancións presenta o 1 de abril a partir das 20.00 h. o seu novo disco "Algo que buscar" no Auditorio da Fundación Rodríguez Iglesias en A Coruña.
Estará acompañado no concerto por Fito Mansilla , Cesar de Centi, Silvia Penide , Robert Pier, Nando Deibes e Franco Carella
Sorte para LUGA... unha honra telo escoitado nalgunha festa de graduación....
Chegou aos nosos oídos...novo recoñecemento á cualidade literaria de Raquel Vázquez
Chegou aos nosos oídos...un novo recoñecemento para a ex do Aguiar, Raquel Vázquez. Nesta ocasión trátase do premio acadado polo seu microrrelato na convocatoria de febreiro da V edición do "Microconcurs", na modalidade de castellano.
Pois aquí o tedes...... "Asperger"
Betanzos (A Coruña)
Chegou aos nosos oídos....Amaia Tomé gañadora do Premio Minerva
Chegou aos nosos oídos....que Amaia Tomé, alumna de 1º BAC do noso IES, acaba de facerse co primeiro premio na modalidade de narración do prestixioso premio Minerva na súa LXIV edición. O galardón foi concedido polo seu relato titulado "Clare e outras illas".
Os encargados de xulgar os textos narrativos foron o ensaísta e crítico Manuel Quintáns Suárez (como presidente), a tradutora e narradora Ánxela Gracián, o ensaísta e investigador Xurxo Martínez González, o profesor Alberto Muñiz Pascual e servidor, actuando como secretaria a tamén profesora Teresa González da Silva.
Amaia, como o resto dos gañadores , alén das correspondentes dotacións económicas, serán galardoados cun diploma acreditativo e mais unha medalla de prata do certame durante a entrega de premios, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, nunha sesión solemne na que pronunciará unha conferencia maxistral o narrador e ensaísta Xosé Ramón Pena e que amenizarán os premiados coa lectura dun fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve nun volume editado polo propio centro.
Compre destacar que non é ista a primeira distinción que recibe Amaia, quen o pasado ano se fixo co premio da Fundación Meninos , e agasallanos coa súa grande actividade creativa en cantas iniciativas xurden no noso IES.
REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS
el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos
AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.
Amaia Tomé Tomé
Chegou aos nosos oídos...Ángel Arcay e o seu traballo sobre a Galicia pudiente a través das suas receitas.
Chegou aos nosos oídos...que o ex do Aguiar e colaborador en numerosas iniciativas do noso instituto, Ángel Arcay, acaba de aparecer, o 27 do pasado mes, nunha reportaxe do diario "El Faro de Vigo". Nel dase conta do seu interesante traballo sobre a cociña das clases pudientes de Galicia no século XIX . O traballo leva o título de: O Arquivo privado das Mendoza: alimentación e sociedade na Galiza do século XX(enlace).
Ángel preséntase como arquiveiro e historiador e presumindo de ser betanceiro. O seu traballo (que inclúe as receitas) pode consultarse a través dun blog e dunha páxina de facebook
Por se queredes ir "facendo boca" este é o índice de receitas ata o día de hoxe:Bacalao a la Borgoñesa,Bacalao con coliflor,Bizcocho Saboya,Buñuelos a la Veneciana,Cake Monteporreiro,Cocktail Martini (x3),Compota de manzana a la portuguesa,Corn Muffin,Lengua a la Alsaciana,Licor café,Mousseline de Bacalao,Orejas,Polvorón Sevillano,Roast-Beef,Salchichas con Alubias (y Englische Käsesuppe),Sesos en Salsa,Torta Alemana (o Argentina)
Chegou aos nosos oídos...Agrupación Teatral Mariñán ESTREA MUNDIAL: O de menos é o nome
Chegou aos nosos oídos... que hoxe, sábado 27 de febreiro a Agrupación Teatral Mariñán, na que participan varios ex alumnos i ex profesores do Aguiar, pon en escea a ESTREA MUNDIAL da obra "O de menos é o nome".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »