Club de lectura

Entrega de premios do ''Concurso de Relatos de Terror'' organizado pola Biblioteca este Samaín

Esta mañá o equipo da Biblioteca entregou o premio do "Concurso de Relatos de Terror". O conto titulado "A vella do gato", escrito por Pablo Bugallo Carro de 1º de ESO , foi o gañador da edición do concurso este Samaín.

Moitos parabéns , Pablo!!!

Álbum: Club de Lectura 21-22 -> Entrega de premios relatos de terror

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

25/10/2021 18:03
Europe/Andorra

 

 
 

 

    No curso 2013/2014 o noso IES comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Desde ese día celebramos durante o curso unha reunión mensual na Libraría Biblos arredor dun libro. 
   Tivemos a sorte, moitas veces, de contar coa visita cos autores das novelas elexidas: Cristiana Sánchez-Andrade (Las inviernas), Anxos Sumai (Así nacen as baleas), Celso Castro (entre culebras y extraños), Raquel Vázquez (La ocarina del tiempo), Antonio Altarriba e Kim (El arte de volar), Antón Riveiro Coello (A ferida do vento), Inma López Silva (Aqueles días en que eramos malas), Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces), Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses), Miguelanxo Prado (Presas fáciles), Arantxa Portabales (Deixe a súa mensaje despois do sinal), Antón Lopo (Extraordinario), Andrés Neuman (Hacerse el muerto), Raquel Vázquez (Paralelo 36), José Ovejero (Insurrección) e Arantxa Portabales (Beleza vermella).
   
 Tras a paréntese aberta, lamentablemente, en marzo de 2020, pretendemos reiniciar esta actividade volvendo á Libraría Biblos.

   As persoas interesadas en sumarse ao Club deben enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com co asunto Alta Club de Lectura indicando no corpo do correo o interese en participar. 
 
  A mecánica de reunións alterna os encontros cos autores coa lectura doutras obras.
 
  Para a primeira sesión mensual, esperamos poñer á disposición dos lectores, exemplares da novela Las lealtades de Delphine de Vigan.
   
   O día da reunión do Club de Lectura os lectores poderán mercar, na Libraría Biblos, os próximos libros a ler: entre as débedas pendentes por mor da pandemia, o último premio Nacional de Narrativa: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, a novela gráfica Os contos da néboa, de Laura Suárez, e Infelices de Javier Peña.
Equipo da Biblioteca
 

Álbum fotográfico da pasada sesión do #clubdelectura do 19 de novembro de 2019

 

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club lectura 2019-2020 -> 19 Novembro

1ª reunión do club de lectura 'Máis de cen ás para voar' curso 2019-20

19/11/2019 14:15
Etc/GMT+1

As reunións do club de lectura 'Mais de cen ás para voar' promovidas polo profesorado do IES Francisco Aguiar ocorren en martes sinalados na que o alumnado do club come no centro e comparte sobremesa literaria cos seus compañeiros e profesores.

reunións do club de lectura

 

 

Crónica en imaxes dos instantes previos ás reunións do club de lectura de marzo na ESO

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita a galería fotográfica do centro.

Pero que ben alimenta o noso alumnado o corpo e o espírito!

Álbum: Biblioteca 2018-2019 -> Club lectura Marzo

Club de lectura xaneiro. Lecturas para unha sobremesa de choiva.

Aínda que fóra caesen chuzos de punta, no interior do instituto reinaba a calidez das lecturas en boa compaña. Compartimos algunhas instantáneas do club de lectura celebrado este martes 22 de xaneiro.

Álbum: Biblioteca 2018-2019 -> Club lectura Xaneiro

2ª reunión dos clubes de lectura da ESO 2019

Chega de novo a invasión de lectores/as ao 'Aguiar'. O vindeiro martes 22 de xaneiro, un nutrido grupo de alumnos e alumnas quedarán a comer para, antes das sesións da tarde, charlar acerca das súas impresións das lecturas suxeridas polo club.

club lectura ESO

 

club lectura eso  club lectura eso

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. UNHA TARDE CON ARANTZA PORTABALES

14/01/2019 18:00
Etc/GMT+1
 
 
O Club de lectura Biblos Aguiar conversou con Arantza Portabales arredor da súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, nun encontro que resultou especialemente divertido. 
Falamos das mulleres que protagonizan unha novela que non debería ser etiquetada simplistamente como novela feminista ou novela de muller ou para mulleres
Detrás das mensaxes de Marina, Carmela, Sara e Alicia (trasmutada tráxicamente en Viviana) laten vivencias terribles propiciadas polos comportamentos, moitas veces reprobables, dos homes: o mal marido, o perverso tío, o pai egoísta, o pai pusilánime, o fillo entregrado ás boas causas que lle permiten evitar afrontar a súas responsabilidades...
Novela composta por secuencias marcadas cun final efectista (non é un demérito nunha escritora que coñece o éxito do microrrelato), sorprende pola estrutura que deposita un dos sentidos na progresión das interseccións das tramas que conflúen nunha historia caleidoscópica que mesmo podería ser considerado un pequeno tratado sobre as emocións.
 
FRC
 

 

 

 

 

 

 

 
 
Distribuir contido