Chegou aos nosos oídos...Begoña Riveira Barros directora do CRI

Chegou aos nosos oídos... que a ex_alumna do Aguiar, participante no noso club de lectura de adultos e asesora en temas de violencia de xénero Actualmente desenvolve o seu labor como directora do CRI (Centro de Recuperación Integral de Mulleres que Sofren Violencia de Xénero)

 

La sala está vacía. Hay pufs de colores repartidos por la habitación. También hay una pizarra y varios dibujos de la película de Pixar Inside Out colocados en un panel. Junto a cada uno de los personajes pueden leerse palabras como asco, alegría o enfado. Con ellos las trabajadoras del Centro de Recuperación Integral de Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI) hacen terapia con los menores que han vivido en su hogar escenas que nunca deberían haber visto. Porque, además de las mujeres, los niños y las personas dependientes son otros afectados de una lacra social que parece no remitir.

 

De hecho, durante el primer semestre del año, además de las 241 mujeres atendidas dentro del programa de ayuda psicológica de la Secretaría Xeral de Igualdade en Galicia, tuvieron que utilizar ese recurso 83 menores y 16 personas con algún tipo de dependencia que eran cuidados por las mujeres. Solo por el CRI han pasado ya en lo que va de año 33 mujeres de todas partes de Galicia, 36 menores y 9 personas dependientes. Desde junio del año pasado, cuando fue inaugurado, el número de usuarias suma 78.

 

Es jueves. Habrá que esperar hasta la tarde para que la sala en la que están los dibujos y el resto de estancias del centro se llene de actividad. No es una casa de acogida donde quedarse a dormir, es un lugar para aprender a vivir de nuevo. Para recuperar la autoestima, para reactivar la rutina diaria. «Lo que han experimentado estas mujeres es tan tremendo que muchas se han dejado ir y han perdido hábitos tan cotidianos como cocinar o salir a tomar un café. De hecho, tenemos un servicio de voluntariado para acompañar a las que no tienen a nadie a tomar algo una tarde o solo para dar un paseo porque ellas solas no se atreven», describe la directora del centro, Begoña Riveira Barros.

(enlace á noticia completa na Voz de Galicia)

 

VI Día da Ciencia en Galego

Mañá, mércores 4 de novembro, teremos ocasión de celebrar o VI Día da Ciencia en Galego, ocasión para reivindicar o necesario compromiso a prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia.

Con tal motivo o ENDL do IES Francisco Aguiar convoca ao alumnado de ESO 4º A e B a unha videoconferencia  que terá lugar no noso Salón de Actos entre as 12.30 e as 13.30 hs.

 O profesor Xurxo Mariño, é Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. É especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación Neurocom, entre outros.

Falará sobre "A máquina que constrúe a mente e a realidade" .

Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, deste xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Hora de Ler. Semana do 3 ao 6 de novembro (5ª sesión)

Ilustración: Marcelle Drouin

5ª  SEMANA (5ª SESIÓN)

Despois da ponte festiva, toca voltar á normalidade...
Coinciden as propostas desta semana en relatar ben desde o mito, ben desde a lenda (que tamén pode ser moderna: lenda urbá).
Pedimos ao lector que estableza o vínculo entre esas posibilidades e determine cal é a modalidade que practica Albert Pinyol e cal a exercitada por Jürg Schubiger e Franz Hohler.

Ilustración: Marcelle Drouin

 

Ponte festiva preparando a primeira xeira de exames de pendentes

O día 31 de outubro celebramos en toda Galicia o Día do Ensino. A festividade de 1 de novembro foi trasladada ao día 2. ... En definitiva uns días sen a obriga das clases que poden ser moi ben aproveitados polo alumnado que ten que enfrontarse á primeira rolda de exames de pendentes

 

Departamento

Curso

1ºparcial

Día

Hora

Física e Química

-Física e Química

-Física e Quimica

 

3º ESO

1º BAC

 

4 Novembro

4 Novembro

 

16:00

16:00

Lingua Galega e Lit.

- Lingua Galega e Literat.

 

1º BAC

 

4 Novembro

 

16:00

Xeografía e Historia

-Ciencias Sociais

-Ciencias Sociais

-Ciencias Sociais

- Hª Mundo Contemp.

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

1º BAC

 

5 novembro

5 novembro

5 novembro

5 novembro

 

16:00

16:00

16:00

16:00

Matemáticas

- Matemáticas I

- Mats. Aplicadas CCSS

 

1º BAC

1º BAC

 

6 Novembro

6 Novembro

 

16:00

16:00

Para consultar o calendario para todo o curso,  premede no seguinte enlace.

E lembrade...¡ Que a sorte nos atope traballando !

Encontro con ex_parlamentarios. 29 de outubro de 2015

     O xoves 29 de outubro o alumnado de 2º BAC tivo a oportunidade de participar no IIIº Encontro con ex_parlamentarios do Parlamento de Galicia. A actividadedesenvolveuse no noso Salón de Actos entre as 13.15 e as 14.15 h.

     Logo das presentacións de rigor a cargo do Director José Manuel Montero,  os participantes asistiron á proxección dun breve vídeo sobre o Parlamento de Galica, o seu labor e instalacións. De seguido dous ex parlamentarios(finalmente o betanceiro Jaime Pita excusou a súa ausencia) contarannos a súa experiencia:  polo PSOE, o betanceiro Antolín Sánchez Presedo e polo BNG, Fernando Branco Parga. Como remate, o máis interesante para nós,  unha rolda de preguntas por parte do noso alumnado.

Velaquí a crónica en imaxes, as preguntas do alumnado, algunhas respostas:

Chegou ata os nosos oídos...Raquel Vázquez presenta "Si el neón no basta"

Chegou ata os nosos oídos... que Raquel Vázquez, ex alumna e colaboradora incansable i eficaz na nosa biblioteca presenta un novo libro. 

A presentación  terá lugar na libraría Biblos (r/Santiago 4. Betanzos). Os asistentes poderemos disfrutar dun dobre regalo: un pequeno recital  e a presentación do profesor Francisco Coloma .

 

                 INVIERNO

   Una fotografía tallada sobre nieve.

   Sólo seremos
   cuando
   ya no pueda importar saber si somos.

 

 

   Raquel Vázquez, Si el neón no basta, La isla de Siltolá, Sevilla, 2015, p. 39.
    &
   Manuel Villena

Proxección da película. "Enrugas"

O IES Francisco Aguiar participa nun programa de sensibilización e coñecemento da enfermidade do Alzheimer. 

Invitados pola asociación AFACO, o mércores 28 de outubro  o alumnado de 2º da ESO asistiá,na Fundación Barrié de A Coruña,  á proxección da película "Enrugas" baseada no cómic de Paco Roca ( tivemos o pracer de recibir a súa visita o pasado ano).

Posteriormente, o día 10 de novembro,  un técnico da asociación desenvolverá unha unidade didáctica nas aulas do noso IES. Finalmente isto  completarase co traballo que, dende a materia de Lingua Castelá, realizará a profesora Elvira Castro.

Distribuir contido