O Aguiar na II Olimpíada Xeografica de Galicia

A Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia, en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, organizan a II Olimpíada xeográfica de Galicia co fin de visibilizar esta disciplina tanto na sociedade en xeral como entre o alumnado en particular.

Do noso IES participarán 5 alumnos e alumnas matriculados en segundo de bacharelato que cursan a materia de Xeografía. Trátase dunha participación individual. Pero o Aguiar presenta un equipo formado por: 

Tamara Allegue,

Iago Codesido,

Mar Nieves,

Lucía Tudó e

Javier Villaverde

 acompañados pola súa profesora Teresa Bellón . 

A olimpíada celebrarase o día 4 de marzo no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago e os tres primeiros clasificados representarán a Galicia na fase estatal que terá lugar os días 15, 16 e 17 de abril de 2016 en Salamanca.

 

AGUIARENSES:  CITIUS,  ALTIUS,  FORTIUS!

 

Encontro francófono en Xixón. 3 de marzo.

O Departamento de Francés organiza o xoves 3 de marzo un encontro francófono que terá lugar en Xixón

Máis de 80 alumnos e alumnas do noso instituto reuniranse nesta cidade asturiana con alumnos do liceo Laennec de Pont L'Abbé,  localidade da Bretaña francesa irmanada coa cidade de Betanzos.

Durante este encontro realizaranse actividades de descubremento e coñecemento da cidade (tipo yincana) , xogos na praia, intercambio de agasallos, comida en común e, sobre todo, moita comunicación entre os alumnos de ambos centros. 

Este encontro é unha actividade preparatoria que pretende preparar o camiño para un futuro intercambio escolar, que tería lugar o vindeiro curso, entre alumnos de ambos centros. 

Concours de desserts

Co remate do trimestre, un ano máis, o Departamento de francés convoca un concurso de postres da gastronomía francesa, que agardamos coas papilas gustativas expectantes.

Departamento de Francés.

Data:  venres, 18 de marzo de 2016.

Horas:  toda a mañá. Visita guiada: 1º recreo. Degustación: 2º recreo.

Lugar:  salón de actos do IES Francisco Aguiar.

Participantes: Poden participar no concurso tódolos  alumnos de Francés .

  MECÁNICA DO CONCURSO.

 

1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan orixinais en lingua francesa.

2.- Adicarase unha sesión de clase para traballar os aspectos lingüísticos das devanditas receitas. 

3.- Para poder participar no concurso, será obrigatorio facer unha preinscrición. Esta terá lugar o martes 1 de marzo durante os recreos no Departamento de Francés.

4.- Unha vez elixida a receita, e traballada ao detalle, os alumnos participantes, de maneira individual ou en parellas, elaborarán na casa a devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.

5.- A devandita actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.

6.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.

7.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso no salón de actos, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha copia da receita orixinal en francés,( e unha tradución da mesma ao galego ou castelán, para que os membros do xurado poidan entendela), así como un sobre co nome da sobremesa na parte exterior e o nome do(s) concursante(s) dentro do sobre. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver ao salón só no período do recreo.

8.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por  membros da nosa comunicade educativa.

Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostas as sobremesas, e iranas probando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: DEGUSTACIÓN (SABOR), DIFICULTADE DE PREPARACIÓN DA RECEITA e PRESENTACIÓN.

9.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición de sobremesas.

10.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán degustar as sobremesas.

11.- Ao final da mañá exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para as que haberá uns premios moi interesantes. 

 

OBXECTIVOS.

 1.- Traballar na clase tódolos aspectos lingüísticos que abrangue unha receita de cociña en lingua francesa.

 2.- Aproveitar o tema para facer un percorrido xeral pola rica e variada gastronomía francesa.

 3.- Que os alumnos se interesen pola comida como unha fonte de saúde, sen esquecer a dimensión social, económica e cultural da mesma.

 4.- Ser capaces de elaborar, a partires dunha receita orixinal francesa, un prato de sobremesa sinxelo no marco dunha actividade de posta en valor da cociña francesa.

 

 SE OLLADES O SEGUINTE VIDEO ENTENDEREDES POR QUE O ANO PASADO FICAMOS AGARDANDO QUE VOLVESEN ESTAS DATAS  

 

Nova entrega dos Diálogos con Scratch

Nesta ocasión presentamos os diálogos feitos polos alumnos e alumnas de 1ºC e D da ESO. Agardo que vos guste.

 

Xornada de orientación para alumnado de BAC e familias

Unha xornada cun sinxelo programa ( enlace) na que ex alumnos/as do IES Francisco Aguiar son os protagonistas orientando aos actuais estudantes de BAC e ás súas familias no complicado panorama ao que se enfrontan.  Velai o elenco!

 

- Salvador Naya Vicerreitor e  Prof. Matemáticas da UDC

- Victoriano Rdguez. Prof. de Ciclo Superior FP

 

- Inés Barbeito Matemáticas/Máster Estatística USC

- Lucas Longueira Física/Máster Estatística USC

- Critina Babío/Leticia Iglesias Química USC/UDC

- Paula Ramos Medicina USC

- Fátima Gómez Fisioterapia UDC

- Patricia Novo Enfermería UDC

- Verónica Caínzos Ciencias do Mar UVigo

- Alvaro Couto Tecnoloxía  da Enxeñería Civil UDC

- L. Miramontes Naútica e Transporte Marítimo UDC

- Manuel del Río Informática UDC

- Marta Seijo Comunicación  Audiovisual UVigo

- Catuxa Gómez/Laura Antón Maxisterio(primaria)UDC

- Icía Rodríguez Xornalismo USC

- Elaine Monteagudo Dobre Grao  Inglés e Galego-Portugués UDC

- Berta Otero Información  e Documentación UDC

- Lucía Díaz Tradución e I. UVIgo

- Lucía Arias ADE UDC

- David Martínez Piloto Comercial e ADE(ABS)

- Paula Pedreira Dereito UDC

- Andrea Montero Educación Social UDC

- Érika  Psicoloxía UDC

- Sara Fraga Historia USC

- Lidia Gómez Graos en Galego e Español USC

- Ana Acción CS Xoieiría EASD Mestre Mateo

 

- César de Andrés Xestión Hotelera USC

 

Grazas pola colaboración e por seguirvos sentindo parte do Aguiar

Proxecto ínterxeracional "O Valor da Experiencia"

O Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia,en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social está a desenvolver un proxecto interxeracional, co título "O Valor da Experiencia", no que se implican voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos e alumnado de 2º ESO do noso IES Francisco Aguiar. 

O proxecto busca poñer en contacto á xeneración dos nosos maiores e dos nosos nenos para realizar conxuntamente unha investigación sobre o tema das migracións. Nela emprégase como elemento esencial a experiencia migratoria dos voluntarios do Centro de Maiores de Betanzos que por medio de dous encontros con rapaces tratarán de dar a coñecer ás xeracións máis novas tan rica experiencia.

A actividade desenvólvese con cada un dos grupos de 2º ESO en dúas sesións. A que agora nos ocupa será a primeira ( que terá lugar os días 25, 26  de febreiro e 4 de marzo) e consistirá nun encontro con nove persoas maiores . Logo das presentacións de rigor poderemos ver o documental  "América o el Shangai" . De seguido nove voluntarios do Centro de Maiores narrarán aos rapaces a súa experiencia e someteránse a cantas preguntas lles queiran formular. 

 

América o el Shangai. Juanma from Project 7 Films on Vimeo.

1ª entrega Diálogos Scratch programación 1º ESO

Dende a optativa de Programación en 1º da ESO facemos pública a

1ª entrega dos Diálogos feitos co Scratch.

1ºB

Diálogos orixinais feitos cas persoaxes e fondos do Scratch (case todos) que levan moito traballo e ilusión. Con algún que outro problema técnico (hai quen se queixou de que non podía poñer acentos) aquí están case todos. Por favor, profes de Galego, non sexades demasiado malos e animádevos vós tamén a empregar esta ferramenta. 

 

Xincana para conmemorar o Día de Rosalía

imaxe de Sabela Arias

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar en colaboración co do Concello de Betanzos organiza para o alumnado de 1º BAC unha xincana para conmemorar o 24 de febreiro o Día de Rosalía.

A actividade terá lugar no Polideportivo do Instituto en dúas quendas:  Na 2ª e 3ª hora participarán os alumnos e alumnas dos grupos A, B e C. Nas horas 5ª e 6ª serán os grupos D e E. 

Crónicas do alumnado. Teatro en inglés do 3 de febreiro

It was very entertaining and interesting because we enjoyed the play and we learnt a lot of vocabulary.

The theatre told us about the importance of  freedom

This play was very exciting because the actors were funny and they sang very well.

Alumnado de ESO 3º A/B

 

The play was really easy to understand, our mates were pretty good

 

Alumnado de ESO 3º C

 

The play was really good. We were frightened. But at the end we enjoyed so much. The story of the play was really entertaining and we had a good time.

Alumnado de ESO3º  D

Alberto Gómez

I think it was a good play. I enjoyed a lot acting on it.

It was funny and easy to understand. I hope they could come again next year!

 

 

 

Lucía Maceiras

I was nervous but I had a really good time. It was a special feeling to make people laugh.  

 

 

 

 

Antón Pardellas

When I was at the stage playing my role, I felt a bit nervous but at the same time.

I was very excited and very happy, because I was playing a role in a play and that was very beautiful, and wonderful.

 

 

 

 

 

Admisión de alumnado en ESO e Bacharelato

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS EN

 

ESO E BACHARELATO

(2016-2017)

DATAS: Do 01 ó 29 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN:

Impreso de solicitude de admisión cuberta unicamente nas dúas primeiras follas (Anexo II que pode descargarse neste enlace),

asinada polo pai e nai do alumno/a.

 

- Certificación de matrícula do centro de orixe.

 

Fotocopia do D.N.I. do/a solicitante (ou no seu defecto fotocopia do Libro de Familia).

 

NOTA: A relación provisional de admitidos publicarase o 22 de abril.

 

 

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO:

 

1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar,

a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo,

ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia

á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

Distribuir contido