Recoñecemento ao traballo ben feito. David Martínez Vázquez

 

O alumno do IES "Francisco Aguiar", David Martínez Vázquez participou no "Acto de recoñecemento aos mellores estudantes do Ensino Medio de Galicia" organizado pola Universidade de Santiago de Compostela  para homenaxear a aqueles estudantes que acadaron unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAAU).

 

O acto tivo lugar o 5 de xullo no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e estivo presidido polo alcalde da cidade e autoridades da Universidade