Visita ao BAM de Betanzos

 

Os grupos de 2º ESO participaron da actividade “Achegámonos ó BAM” os días 24 de abril, 8 de maio, 15 de maio e 30 de maio dentro das actividades do proxecto Meteoescolas e coordinada xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. As saídas consistiron nunha visita guiada por Ángel Arcay, director da Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos. Xa na saída o guía fíxonos entrega dun documento onde se podía observar fotos antigas de Betanzos, que fumos comparando coa actualidade, e onde tamén se podía observar os relieves do calendario medieval que están esculpidos nun capitel da Iglesia de Santa María do Azogue, que pasamos a visitar. Alí o guía fíxonos coñecer os distintos meses alí representados, así como os distintos motivos e a importancia do mesmo.

De seguido subimos á praza da Constitución onde observamos a torre do Concello, que se atopa pegada á Igrexa de Santiago, e onde observamos as indiciacións dos  Catro Ventos que nela se atopan e que nos dan unha idea da importancia que tiña a meteoroloxía na época da súa construción.

Seguimos o roteiro, e na Praza dos Irmáns García Naveira vimos o indicador da altura á que se atopa Betanzos, para a continuación achegarnos ás instalación da Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos, onde puidemos observar as súas instalacións e adentrarnos no museo. Alí puidemos observar documentos do betanceiro Francisco Javier Martínez Santiso (1868 - 1934), onde recollía datos das mareas, eclipses, dos reloxos da época… E o guía fíxonos saber da importancia que ten para os estudos actuáis de meteoroloxía os datos recollidos por Francisco Javier naquela época. 

A visita rematou coa volta para o instituto.