EVA MEJUTO NO IES F. AGUIAR

 

 

 

 

 Hoxe tivemos no Instituto  a Eva Mejuto, autora da obra A ladroa da Biblioteca de Meirásunha novela xuvenil na que se amosan importantes sucesos do pasado recente na nosa contorna . No libro a escritora recrea como as Torres de Meirás , que pertenceran a Emilia Pardo Bazán, foron convertidas na residencia de verán do ditador F.Franco despois dun espolio ao pobo de Sada. A protagonista, Mariña, é parte dunha desas familias que quedaron sen casa e sufriron a persecución por non seren do bando gañador.