VISITA Á FÁBRICA DA EMPRESA TEJAS VEREA, S.A.

 

Organizado polo departamento de Tecnoloxía do noso instituto visitamos o 8 de maio a empresa “Tejas Verea, S.A” que se dedica á fabricación de diversos tipos de tellas localizada en Lanzá (Mesía). Guiados por unha técnica e un técnico visitamos en primeiro lugar a zona de aprovisionamento de material: moenda e mestura de arxilas, xunto coa zona de maduración.

Despois fomos visitar a liña 1 onde se fabrican tellas planas de diversas formas vendo o amasado, extrusionado, secado e cocido dos produtos. Todo o proceso é controlado automaticamente polo sistema industrial SCADA, e incluso puidemos observar a posta a punto dun sistema de control de calidade das tellas planas que funciona por son. Visita moi interesante para ver as aplicacións dos sistemas automáticos de control na industria.