Entrega de premios do "Safari Fotográfico"

O profesor de Educación Plástica, José Manuel Rey Bao, fixo entrega dos premios do Safari Fotográfico ás persoas gañadoras, que foron:

Emilia Monsalves, de E3A; Aitor Coronado, de E3B e Sara García, de E3D. 

O premio consistiu nun trofeo feito pola impresora 3D do centro e unha camisola coas fotografías gañadoras impresas. 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Entrega de premios do Safari Fotográfico