Club de ciencia 2022. Programando coa microbit.
O pasado mes de xaneiro, no Club de Ciencia seguimos a explorar as posibilidades da programación. Iniciámonos xogando, na programación da placa micro:bit. Moi sinxela pero con moitas posibilidades: dende a comunicación entre elas, ata o control de luces LED e servomotores, e todo combinado cos sensores integrados na propia plaquiña (acelerómetros, termómetros, sensores de son, de luminosidade, ...). E todo isto cunha sinxela linguaxe de programación de bloques!!!
Quedámonos con moi boas sensacións, a pesar de que as datas "pandémicas" condicionaron a participación, e con máis ganas de explorar, con máis rapazas e rapaces do centro, as posibilidades desta ferramenta.
Vémonos!!