«Fasquía 3D» chega a Betanzos
O instituto Francisco Aguiar acolle unha exposición que reivindica, mediante a tecnoloxía, o patrimonio das embarcacións tradicionais de Galicia 09 dic 2021.
Betanzos conserva nos seus ríos un gran número de embarcacións de madeira. Un patrimonio fluvial que debe perdurar malia que nos últimos tempos a carpintería de ribeira que permitiu construílas estea en retroceso e falte relevo xeracional para dirixir os barcos a bo porto. No instituto Francisco Aguiar, da man da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e co apoio da Consellería do Mar, exponse estes días Fasquía 3D, unha mostra na que colaborou o propio centro xunto co ciclo de mantemento de embarcacións de recreo do CIFP Ferrolterra. Fasquía 3D, que naceu coma un proxecto de innovación educativa, propón achegar a tecnoloxía á tradición.
[...]
D. Vázquez, La Voz de Galicia, 9 de decembro de 2021.