ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
A publicación da Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021], determina que neste mes de novembro serán convocadas eleccións para a renovación do Consello Escolar.
No IES Francisco Aguiar corresponde renovar, por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes, as seguintes vacantes:
- Cinco representantes do profesorado.
- Unha alumna ou alumno.
- Un representante de nais, pais ou titores legais.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
Mañá xoves 4 de novembro, no salón de actos, ás 11:45 horas, terá lugar o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral.
Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, aprobar os censos e o calendario electoral.
Ao devandito sorteo poderá asistir calquera persoa da comunidade educativa (tras expresar ese desexo vía correo electrónico ao centro), que se celebrará ante a presenza das seguintes persoas: o director, a secretaria do instituto (presidente e secretario do proceso), un membro do profesorado, e dous membros do alumnado.
Para determinar titular e suplente de cada un dos estamentos que conforman a comunidade educativa, será empregada unha aplicación informática que proxectará nos canóns do salón os números atribuídos a cada persoa.
Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario do procedemento nunha reunión que terá lugar no despacho de Dirección o venres 5 de novembro de 2021.
Francisco Rodríguez Coloma
Director do IES Francisco Aguiar