Skip to Content

Aprendo Programando con Mapas interactivos do Camiño de Santiago feitos con Scratch e Makey Makey

Chegando xa o fin da nosa andaina no Plan Proxecta Aprendo Programando pasamos ao mundo físico elaborando mapas interactivos con Scratch e Makey Makey.

Con textos orixinais de Julián Ferrer @xiztoria e locucións do alumnado de 1º ESO presentámovos un par de percorridos polos monumentos e a gastronomía do camiño. Para poder executalos sen o mapa interactivo tedes que premer nas teclas e frechas seguintes:

frecha arriba, frecha esquerda, frecha dereita, frecha abaixo, espazo, tecla g (só en monumentos), tecla f, tecla d, tecla s, tecla a

Tede paciencia, xa que cos audios, tardan un chisco en cargar.

Algunha imaxe dos nosos mapas

A maiores de dar o salto A maiores de dar o salto ao mundo físico coas placas Makey Makey, tamén experimentamos un par de proxectos coas BBC Micro:bit facendo un contador de pasos para o camiño e un mapa con luces led que nos serve de guía.



page | by Dr. Radut