Axuda ao alumnado coas AV durante a crise do COVID19
Cómo conectar un miniportátil Abalar á rede
Titorial para conectar a internet os equipos que foron prestados ao alumnado que o solicitou a través do noso correo electrónico.
preme na imaxe para entrar na ligazón e selecciona a forma de conexión
E se non lembro o meu nome de usuario e contrasinal
O nome de usuario da aula virtual é o voso nome completo separado por puntos en minúsculas sen acentos e en vez de ñ nh.
En canto ao contrasinal, adoita ser os 5 primeiros ou os 5 derradeiros díxitos do voso DNI. No caso dos derradeiros, se comeza cun 0 probade a quitalo....
Se aínda así non podedes entrar, contactade con nós no mail do instituto.
Cómo configurar un correo electrónico no noso perfil do Aula Virtual
Unha vez dentro é importante que configuredes o voso perfil cun correo electrónico real e voso.
Para iso tedes que pinchar no voso nome, e, editar o voso perfil. Poñede un correo electrónico e permitide velo aos outros usuarios do voso curso (mellor) ou agochádeo a todos.
É importante, porque así, poderemos enviarnos mensaxes dentro da plataforma e estes se reenviarán automáticamen ao voso correo.
Ademáis, botámosvos en falta, e podemos crear unha comunidade virtual para comunicarnos entre todos dentro da plataforma segura do instituto.
Se tedes dúbidas de cómo facelo podedes ver o final do vídeo que vai a continuación.
Cómo comunicar co titor dende unha conta con usuario e contrasinal
Cómo participar nun foro de dúbidas no AV
As veces, os profesores crean foros de dúbidas no AV para poder solucionalas entre todos. Nese caso, cómo se pode participar.