VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Crónica duns primeiros e intensos días.

Pasados xa os primeiros día da VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no 'Aguiar', queda patente a implicación de o alumnado, o profesorado dos diferentes departamentos e o, incansable, equipo da Biblioteca. Algunhas das actividades que se realizaron teñen a súa testemuña gráfica no álbum da semana na galería, doutras actividades esperamos compartir axiña as fotografías. 

Comezamos a crónica con unha placa de robótica programable en unha contorna gráfica, hardware libre deseñado en España. Falamos da Echidna Shield, un escudo para Arduino programable con bloques en Snap4Arduino baseado no, xa coñecido, Scratch. O alumnado de 2º de BAC TICII programa e instrúe ao alumnado de 1º da ESO en esto que parece un galimatías de nomes en inglés, pero que se traduciu en algo tan divertido e nutritivo coma.... o 'PlatanoPiano'.

Seguimos cunha exposición de traballos do alumnado de 1º da ESO que, me atreveria a decir, que entran dentro do que é o movemento 'Maker' ou argalleiro. Se trata de aprender construíndo, desta volta, o reto planteado  consistiu en investigar e construir acerca de mulleres científicas... ou, coma indica a ilustración orixinal da nosa alumna de 3º Nuria Beiro, 'Mulleres Con Ciencia'.

mulleres con ciencia mulleres con ciencia
mulleres con ciencia mulleres con ciencia

Continuamos cos proxectos desenvoltos polo alumnado de 4º da ESO, tamén coa placa de robótica libre Arduino, que instruiron aos seus compañeiros de 3º da ESO.

proxectos arduin proxectos arduino

Durante o recreo, descubrimos no patio interior do centro uns paneis informativos de ASN (Alien Species Network), organización formada por un equipo interdisciplinar de investigadores das tres universidades galegas, que cedeu os paneles para informar e concienciar acerca deste problema ecolóxico.

 ASN  ASN

  Ao subir de novo as aulas descubrimos os corredores completamente empapelados de arte escrita e debuxada, con alma matemática, son as Esopías. O VI Concurso de Esopías do Aguiar convocado polo equipo da Biblioteca, con especial valoración daquelas inspiradas en Betanzos, en este 800 aniversario.

esopias esopias

O alumnado de 3º da ESO presentou diversos proxectos de Tecnoloxía, coma o ' Xogo do pulso con encravamento'.

pulso pulso

O alumnado de 1º saiu do centro para descubrir 'Con qué rochas está feito Betanzos?'.

rochas rochas

O alumnado de 1º de BAC de Robótica mostrou os proxectos nos que estiveron traballando este curso. Un cuadrúpedo, un PedroRobot e unha placa solar que se orienta á luz.

cuadrúpedo pedrorobot

O alumnado de TIC I de 1º BAC instruiu aos de 3º da ESO no eido do modelado, laminado e impresión 3D. Ensinaron hexágonos con motivos de Betanzos e algunha litofanía brigantina tamén.

3d 3d

 litofanía

 

 

 

 

 

 

Todo isto non é todo, e só levamos dous días ....  é un non parar.

Quén dixo que a rapazada non ten ganas de traballar, de crear, de aprender?

 

"A creatividade é a intelixencia divertíndose."

Albert Einstein