Roteiro 'A Esmorga' por Ourense para 1º de BAC A e B
14/05/2019 08:35
Etc/GMT+1
Os vindeiros 14 e 21 de maio os alumnos de 1º de Bacharelato viaxarán na procura das pegadas de "A Esmorga", obra de Eduardo Blanco Amor, na cidade na que se desenvolve a novela, Ourense.
Descubrir eses espazos, as rúas, tabernas, fontes... como un xeito de achegarse a esta obra é unha proposta do Departamento de Lingua e Literatura Galega que completa perfectamente o traballo nas aulas sobre esta obra cumio da literatura galega.
A viaxe desenvolverase en dúas quendas:
Día | Grupos |
14 Maio | BAC1º A , BAC 1ºB |
21 Maio | BAC 1ºC, BAC1º D , BAC 1ºE |