VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar

O equipo da Biblioteca e o IES Francisco Aguiar comprácense en presentar unha nova edición do seu

Concurso de ESOPÍAS

bases esopías

Preme aquí para descargar a plantilla para participar.

Bases

1. Poderá participar calquera alumno/a matriculado/a no IES Francisco Aguiar.
2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta.
3. A esopía deberá ser entregada ao Equipo da Biblioteca cumprino os seguintes requisitos::
Un folio en branco co texto da esopía e unha ilustración relacionada co contido,  detrás do cal figurará o nome e grupo do/a autor/a
A plantilla-guía cuberta co texto e os datos que se solicitan.
4. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un/ha gañador/a por categoría: Alumnado de primeiro e segundo da ESO / Alumnado de terceiro e cuarto da ESO/ Alumnado de Bacharelato e Ciclo Formativo.
5. O alumnado participante, que pode presentar ata un máximo de 3 esopías, optará a un único premio que  consistirá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo. Terán unha valoración especial aquelas esopías que se axusten á temática
Betanzos 800 anos.
6. Os premios poderán ser declarados desertos.
7. O prazo de entrega remata o 26 de abril de 2019.
8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.

Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras.  As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.