Chegou aos nosos oídos: Xosé Luis Mosquera gaña a IV edición do premio Díaz Castro de poesía
Chegou aos nosos oídos que o noso compañeiro e profesor de Historia do Arte, Xosé Luis Mosquera Camba, vén de gañar a cuarta edición do Certame Díaz Castro de Poesía. A obra premiada, presentaba co lema Ada Murati, foi A traxedia da arquitectura.
“O poema ilumínase a través dun elaborado proceso de decantación lectora, un instantaneísmo que reconfigura o texto, dende o onírico, o abstracto e a fractalización de planos, para espallar un novo molde resultante da converxencia de múltipeles achegas”, salientaron tamén os membros do xurado. Estes quixeron destacar así mesmo a “excelente calidade dun número importante” dos orixinais presentados, o que evidencia “o estado de magnífica saúde da nosa poesía e a boa acollida do premio”.
Unha vez máis parabéns a Xosé Luis polo seu facer no mundo da arte e a poesía.