Visitas didácticas ao casco antigo de Betanzos para alumnado de 3º da ESO.
Ao longo desta derradeira semana do trimestre, alumnado de 3º da ESO realizará uns percorridos guiados polo casco antigo de Betanzos moi especiais. Trátase de ollar, de ver, de redescubrir o seu entorno máis cercano da man do profesor de educación plástica e visual J. M. Rey Bao e do profesor de xeografía e historia Julián Ferrer.
Curso | Día | Horario |
3ºA | Luns 17 | de 12:35 a 14:15 |
3ºB | Martes 18 | de 08:45 a 10:25 |
3ºC | Xoves 20 | de 08:45 a 10:25 |
Só lembrar que de percorridos similares naceron iniciativas e fotografías coma as de "Betanzos 800 detalles" ou a recente exposición "Rúas doentes", entre outras.
»