Conspiración, premeditación e reiteración. VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. DÍA 1º.

IMOS ALÁ!

O luns 23 de abril daremos comezo a unha tolemia para a que non temos disculpa ningunha.

1.- Porque todo o que revolucionará o noso instituto nestes días non é froito da improvisación senón dunha "conspiración" no traballo previo de moitos compañeiros e alumnos durante o curso e, frenéticamente, nas derradeiras semanas.

 

2.- Porque a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía é un caso grave de reiteración "delictiva". Imos xa pola VIIª edición e aquela inciativa que naceu do entusiasmo e traballo de Luisa Muiño, Carmen Núñez,  Juan M. Neira e Emilio Duque no mes de abril de 2012, foi medrando ata abranguer a un número crecente de profesores e departamentos do noso instituto.  Este ano, dende o Departamento de Linguas Clásicas ou o de Relixión, aos de Bioloxía, Física ou Tecnoloxía, pasando por Educación Plástica, Lingua Galega entre outros.

3.- Porque a participación protagonista do alumnado e a coordinación de moitos profesores suxire unha asociación premeditada para producir o efecto de revolucionar o centro coa ciencia e a tecnoloxía.

Prometemos...non enmendarmonos!