Rematan dúas experiencias internacionais no Aguiar. Buon viaggio
O venres 13 de abril concluiron, por este curso, dúas interesantes experiencias de intercambio internacional que levou adiante o IES Francisco Aguiar.
Por unha banda, nesa mañá a profesora Serena Partini, do Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena, remata a súa experiencia de intercambio docente (job shadowing) asistindo ás clases e compartindo experiencias cos profesores Luisa Muiño, Jorge Blanco e José Antonio Varela.
Por outra, ben cedo, os 18 alumnos acompañados por Silvia e Lina, as 2 profesoras do Liceo Scientífico Galileo Galilei, tamén de Siena, partiron para o seu país logo dun intenso intercambio escolar con 15 dos nosos alumnos que ao principio do curso próximo viaxarán a Siena.
A todos/as BUON VIAGGIO!