Comeza o intercambio escolar Aguiar/Galileo Galilei. Siena/Betanzos
O venres 6 de abril deu comezo o intercambio escolar que este curso (e ao inicio do próximo) realizaremos o IES "Francisco Aguiar" co Liceo Scientifico "Galileo Galilei" de Siena(Italia)
18 alumnos italianos acompañados polas profesoras Silvia e Lina compartirán vida e experiencias entre os días 6 e 13 deste mes de abril con outros 15 alumnos e alumnas do noso centro.
No instituto recibímolos cun convite reparador de chocolate con churros ( levaban levantados dende a unha da madrugada) Os ceos galegos foron menos clementes e recibironos con tal cantidade de choiva que obrigou a pospoñer a visita ao Pasatempo, que ía ser guiada polo noso ex Ángel Arcay. No seu lugar demos un paseo máis ao resguardo pola cidade vella con pequena introducción no CIEC ( sempre amabilísimamente acollidos por María)
Tarde para reposar da viaxe e do madrugón e para ir coñecendo familias e localidade.
O sábado temos permiso da autoridade pero, só se o tempo non o impide: comida de contraternización nos Caneiros.