CELEBRANDO ENTROIDOS e outras leiras

 

Como cada ano por estas datas, o Instituto disfrázase de polideportivo e festeiro, sen deixar de ter alma educativa.

Por unha banda o xa clásico concurso e baile de disfraces  que, se o tempo non permite facer nos campos de fútbol exteriores, terá lugar no cuberto xunto ao Salón de actos.

 

 Teremos, logo do traballo das últimas semanas, unha grande exhibición de capoeira na que participarán tamén os nosos alumnos e alumnas. No Polideportivo a 4ª hora.

 

E a todo isto sumaráselle o campionato de fútbol organizado no Polideportivo por alumnado de 3º da ESO a partires da 5ª hora.